Celebráronse xa as dúas xornadas de loita en Tomiño e Tui.
Este foi o primeiro ano. A Proposta do Servizo de Deportes era a realización dunha actividade de loita con alumnado de cuarto curso de Primaria.
Deseñamos un programa de cinco xogos, nos que cada equipo de entre cinco e nove xogadores iría concursando: dar volta á tortilla, loitar de xeonllos, roubar o balón, atrapar a cola de cabalo, e o sogatira, este último colectivo.
Realizamos no CEP Pedro Caselles unha proba piloto con alumnado de quinto curso, e de alí saiu o video que serviu de referencia para todos.
Logo de realizadas as dúas xornadas, podemos dicir que resultaron áxiles, que houbo moita actividade por parte de cada alumno/a, e que seguro que disfrutaron con estes xogos de achegamento á loita.
Temos aquí as clasificacións correspondentes a cada equipo, así como algúns documentos para entender o formato da competición.
Tamén hai algunhas imaxes das dúas xornadas. Disfrutade!