AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE DEPORTE DE BASE BAIXO MIÑO
A nosa agrupación leva xa funcionando moitos anos, polo esforzo dos que levaron antes esta responsabilidade. Tradicionalmente encargouse de xestionar a actividade deportiva escolar que se promove desde a Administración Pública da Xunta de Galicia no ámbito territorial dos concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal.
Desde o ano 2006 os membros do novo equipo directivo queremos modernizar esta organización e facela máis eficaz .
Traballamos en equipo, temos moita ilusión, e queremos contaxiar a máis persoas: mestres, monitores, anpas, clubes... en definitiva, ser non soamente a canle de actuación da Secretaría Xeral para o Deporte, senon tamén unha plataforma que faga posible a organización do deporte de base na nosa zona, e que sirva de referencia e apoio a tantas xentes que se relacionan con este mundo.
O ámbito territorial da nosa Agrupacion comprende os concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda de Caselas.
Os membros da XUNTA DIRECTIVA son: