En horario extraescolar ofrecemos ao alumnado a posibilidade de participar en diversas modalidades deportivas en competicións deseñadas para a introdución nos deportes, sen considerar como importante o nivel técnico, e sí o nivel de interés e ganas de vivir esas experiencias en competición.
A colaboración cos clubes deportivos facilita a posible incorporación de deportistas con ganas de medrar nese deporte.
No noso programa incluímos os seguintes deportes:
Con relación ao bádminton, podemos sentirnos moi satisfeitos coa nosa tarefa durante os anos, organizando competicións que fomentaron a práctica deste deporte nos colexios, sendo un dos máis exitosos en participación. Nos últimos tempos fundouse un club de bádminton en Tui, que xunto coa implicación do club de bádminton do Condado, facilita o acceso á práctica federada neste deporte a todos os alumnos e alumnas da nosa zona.
O tenis de mesa é outro deporte no que a nosa actividade está a xerar un crecemento considerable na zona, e moi especialmente nos clubes de Tomiño e Tui.
Concretamente, o club Monteferreiros de Sobrada colabora connosco na organización das tres xornadas do curso, e esta colaboración facilita a incorporación de novos talentos nas súas filas.
Outra oferta deportiva é o voleibol, do que lamentablemente non hai ningún club de referencia para o noso alumnado.
Deseñamos un formato que fixera posible a práctica deste deporte a nivel escolar:
Seguiremos fomentando este deporte, paradóxicamente un dos que conta con máis licencias a nivel mundial.
Campo a través. O campo a través merece unha atención especial, xa que na súa convocatoria pretendemos a maior participación do alumnado, independentemente de que practiquen a nivel federado outro deporte.
Cos anos, xa acadamos un nivel na organización desta proba do que nos sentimos moi satisfeitos.
Clubes deportivos da zona colaboran connosco tentando modificar as súas xornadas de competición para permitir que o día do campo a través sexa unha festa do deporte a nivel global.
Actualmente, xunto cos nosos colexios e institutos, veñen participando intensamente os clubes de atletismo Tui e Trega, da zona, e xa de maneira tradicional, tamén os nosos amigos do club Atletismo Porriño.