O espazo web para a promoción do deporte de base no Baixo Miño
O pasado mércores 25 de maio tivemos a xornada final desta competición deportiva na que participaron distintos colexios de Tui e Tomiño máis o clube de Bádminton Tui. Tivo lugar no pavillón da Carballa (Tomiño).
Foi unha fantástica xornada na que dito pavillón quedou pequeno cos participantes e o público que alí había.
Coa celebración das xornadas anteriores e a da final lembramos épocas anteriores á pandemia; xa que houbo moitísimo ambiente co obxectivo de que os nosos deportistas desfrutasen moitísimo co deporte e inculcando neles un espíritu participativo e deportivo. Facendo clic na imaxe, poderedes acceder aos resultados finais e, por susposto, ás fotos.
Con este deporte, neste curso, despedímonos a temporada deportiva.
BO VERÁN!
Non deixedes de practicar deporte!!!
Xa temos publicadas as clasificacións, para a xornada final de bádminton que se celebrará o vindeiro 25 de maio; nas categorías Alevín e Cadete e Benxamín e Infantil (só dos participantes de Tomiño).Facede clic na imaxe para acceder ás clasificacións.
Noraboa aos clasificados!
O venres 1 de abril celebrouse a derradeira xornda deste curso en atletismo en pista. Tocoulles a quenda a distintos colexios de Tui e un de Tomiño para desfrutar a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para o curso de 6º de primaria nas instalacións da Macoca (Tui): CEIP PLURILINGÜE Nº2, CEIP DE SOBRADA, CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI, CEIP DE PAZOS DE REIS, CEIP DE RANDUFE e CEIP DE REBORDANS.
Para iso xa tedes publicado na nosa sección as imaxes e os resultados desta xornada. Facede clic na imaxe.
O venres 25 de marzo foi a quenda para ao alumnado de 1ºESO e 2ºESO dos IES Antón Alonso Ríos de Tomiño e o IES SAN PAIO de Tui.
Dita xornada transcorreu co mesmo espíritu e entusiasmo das xornadas anteriores.
Para iso xa tedes publicado na nosa sección os resultados coa clasificación desta xornada. Facede clic na sección correspondente.
O xoves 24 de marzo celebrouse a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para os cursos de 6º de primaria de disitintos colexios de Salceda e Tomiño: CEP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES BELTRÁN, CEIP BARRANTES, CEIP PLURILINGÜE DE TEBRA e CEP ALTAMIRA.
Dita xornada transcorreu co mesmo espírutu e entusiasmo das xornadas anteriores.
Para iso xa tedes publicado na nosa sección as imaxes e os resultados desta xornada. Facede clic na imaxe.
O venres 17 de marzo tocoulles a quenda a distintos colexios de Tui e un de Tomiño para desfrutar a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para o curso de 5º de primaria nas instalacións da Macoca (Tui): CEIP PLURILINGÜE Nº1 e Nº2, CEIP DE SOBRADA, CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI, CEIP DE PAZOS DE REIS, CEIP DE RANDUFE e CEIP DE REBORDANS.
Para iso xa tedes publicado na nosa sección as imaxes e os resultados desta xornada. Facede clic na imaxe.
O xoves 17 de marzo celebrouse a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para os cursos de 5º de primaria de disitintos colexios de Tui, Salceda e Tomiño: CEP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES BELTRÁN, CEIP BARRANTES, CEIP PLURILINGÜE DE TEBRA e CEP ALTAMIRA.
Dita xornada foi a primeira que puidemos celebrar despois do parón producido pola incidencia acumulada da COVID neste comezo de ano. Polo que todo transcorreu con ilusión e moitas gañas de retomar a actividade deportiva.
Para iso xa tedes publicado na nosa sección as imaxes e os resultados desta xornada. Facede clic na imaxe.
Temos aprobado xa un novo calendario para continuar actividade deportiva este curso.
A proposta será: xornadas de atletismo en pista en horario lectivo e bádminton en horario de tarde. Podedes descargar o calendario.
Convocamos unhas xornadas de atletismo en pista nas instalacións de A Macoca e no Pedro Caselles.
Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, así como de 1º e 2º de ESO.
O calendario corresponde ao que tedes no documento do calendario de competicións, separando as xornadas por zonas : Tui/Salceda e Tomiño/O Rosal.
A primeira xornada do día 17 de marzo será no Pedro Caselles para 5º de primaria dos coles de Tomiño e O Rosal, e o 18 en Pazos de Reis (A Macoca) o mesmo nivel para os de Tui e Salceda.
6º competirá os días 24 de marzo en Tomiño e 1 de abril en Pazos, e 1º e 2º ESO o día 25 de marzo as dúas zonas no Pedro Caselles.
As probas serán as seguintes:
50 m, 500 m, Lanzamento de peso, lanzamento de vórtex e salto de lonxitude, así como relevos 4x50.
No seguinte arquivo podedes consultar o esquema dunha xornada.
NOTA.- Máis adiante no calendario haberá outra xornada para 3º e 4º de EP con probas diferentes.
Pasos a seguir para as inscricións:
1º Mutualizar ao alumnado en Xogade
2º Introducir ao alumnado na aplicación de inscricións de Agrudebam
3º Crear os equipos na aplicación de Agrudebam. Os equipos deben ser mixtos. Lembrade poñer nos nomes dos equipos a que nivel pertencen (5º, 6º, 1º, 2º).
4º Asignar o alumnado a cada unha das probas.
A continuación tendes uns manuais que vos axudarán a completar as inscricións.
O pasado mércores 24 de novembro celebrouse, de novo, esta modalidade de Campo a Través no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán.
Participaron e desfrutaron moitísimo desta xornada, nesta vez, o alumnado de 3º Primaria, 5º de Primaria e de 1 ESO de diferentes centros educativos de Tui, Tomiño e Salceda. Se queredes ver fotos de dita xornada facede clic na imaxe ou no seguinte hipervínculo.
CLASIFICACIÓN DO CAMPO A TRAVÉS HORARIO LECTIVO -
24 DE NOVEMBRO
O 11 de novembro celebrouse dita xornada, destinada ao alumnado de 6º de primaria, nos exteriores do recinto do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.
A continuación, se facedes clic na imaxe, tedes moitas máis desta fantástica xornada na que desfrutaron moitísimo dela.
Os pasados xoves 28 de outubro e venres 29 de outubro celebrouse esta modalidade de Campo a Través no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán.
As instalacións exteriores deste colexio e tendo en conta os protocolos para realizar este tipo de actividades deportivas permitiron a súa realización, repartidos no dous días propostos a finais de outubro.
Foi unha volta esperada despois que a pandemia paralizase toda a actividade deportiva cun éxito de participación, a pesar das condicións de frío e choiva no segundo día.
Facede clic no documento PDF para ver os resultados da clasificación e na imaxe para ver máis fotos deste evento.
Xogade cambia de aplicación de inscricións na tempada 2021/2022. O acceso á aplicación antiga poderase realizar durante o mes de setembro. Deberase solicitar rexistro para a nova aplicación. Clic na imaxe de abaixo, de xogade, para realizalo.
Na marxe esquerda desta páxina web tedes o modelo en formato OPEN OFFICE WRITER para editar (identificando o nome do centro educativo ou entidade ao que pertence) o modelo de autorización para cubrir os datos persoais do voso alumnado para incluílo na nova aplicación de XOGADE, cumprindo o protocolo de protección de datos persoais.
A continuación, tedes outro modelo que é o de cesión de datos e imaxe, en WORD , para autorizar a nosa web de AGRUDEBAM, o propio tratamento de datos persoais nas inscricións e publicacións dos resultados das clasificacións nas diferentes modalidades deportivas do alumnado dos distintos centros educativos ou participantes dunha entidade concreta. Así como tamén a publicación de imaxes das actividades realizadas nas que estes mesmos membros ou alumnos participan nas diferentes actividades deportivas.a realizar durante esta tempada 2021-2022, sempre que a evolución da COVID nolo permitan.
Comezamos este novo curso que pretendemos sexa o do final da pandemia.
Para iso debemos ir recuperando gradualmente o noso nivel de actividades de anos anteriores.
Pero o primeiro é xuntarnos nunha asemblea, que convocamos en Tui, para o día 19 de setembro, ás 19:30 horas. Estade atentos nos centros aos vosos correos.
Vémonos pronto!
Esta situación inédita por causa do coronavirus está a paralizar todas as actividades deportivas.
Dende a Secretaría Xeral para o Deporte están a elaborar protocolos e propostas para adaptarnos á situación para facer deporte, ainda que sexa no propio centro e cos propios compañeiros de clase.
O importante é que poidamos facelo. Estade atentos, que pronto comezaremos coas propostas.
O presidente explícao na seguinte entrevista a cronicasports.com
A actividade deportiva, en todas as súas modalidades, quedan suspendidas ata que finalicen as medidas de precaución.
Actuamos con responsabilidade ante o COVID-19!
O pasado mércores día 19 de febreiro celebrouse a xornada final e zonal de bádminton. Foi intensa e na nosa sección, xa tedes publicadas as clasificacións e os cadros para cada unha das categorías. Pinchade aquí.
O día 23 de xaneiro ás 11 da mañá, no CEIP DE GUILLAREI coincidindo coa III Carreira Solidaria que organiza o centro, contarán cuns invitados moi especiais.
Trátase de Mónica Touriño e Óscar Piñeiro Mushing !!!! Nada máis e nada menos que os campións de España de Canicross!!
Estes dous deportistas e os seus fieis compañeiros, os cans ?, fixeron un oco na súa
apretada axenda e estarán neste centro o xoves para achegarlles ao mundo do Mushing (carreiras con cans).
? ?
Primeiro darán unha charla para todo o alumnado do cole e logo, ás 11:00h, realizarán unha demostración.. É unha oportunidade excelente para presenciar de primeira man un deporte tan singular e atractivo.
Rematadas xa as xornadas de volei, rematamos o ano con este deporte, sen contar as dinamizacións. Na nosa sección atoparedes os resultados da clasificación cos equipos participantes.
O pasado 23 de novembro a AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO organizou este campo a través, no que houbo baixa participación con respecto a anos anteriores. Pero os participantes amosaron moita ilusión e entrega, en tódalas categorías. Ao longo da mañá houbo momentos de choiva, sobre todo na categoría de infantil femenino, pero non foi impedimento para o desenvovlemento da proba.
Polo demais, todo saíu perfecto, e o chocolate estivo delicioso.
Agradecer ao CONCELLO e ao Servizo de DEPORTES pola súa colaboración. Tamén ao CEP Pedro Caselles Beltrán, por ceder as súas instalacións.
Na sección podedes descargar os resultados de todas as carreiras, así como a clasificación por equipos; e visualizar os videos da xornada e da entrega de medaias e trofeos.
O venres 15 de novembro tivemos unha xornada de carreiras fantástica.
Máis de 800 alumnas e alumnos da nosa zona estiveron no Caselles para facer a súa carreira.
E o tempo axudounos. Quen o diría na xornada anterior!!
Resultados e información na sección
Facede clic na imaxe para ver fotos desta fantastica xornada!
O pasado 9 de novembro tivo lugar o CROSS INTERNACIONAL de Atapuerca, contando así con atletas recoñecidos, como é o caso do atleta que se encontra dentro da nosa comarca, Aléx Sierpes Pereira, máis concretamente do CLUB ATLETISMO TREGA.
Este alumno participou na categoría SUB 12 masculina, quedando no primeiro posto.
NORABOA!!!!
Un orgullo que deportistas da nosa zona, nos represente en eventos deportivos naciaonais e internacionais!
Facede clic, a continuación, para atopar máis información nos diferentes medios on-line:
Imos comezar a tempada das carreiras de campo a través.
No próximo mes de novembro, teremos dúas xornadas de competición.
Nesta ocasión, continuando coa dinámica do curso anterior, pero incrementando a convocatoria, realizaremos:
As datas das tres probas:
Para 1º, 2º, 3º ESO Para coles e clubes
Para 2º,3º e 4º prim
O lugar: no recinto do CEP Pedro Caselles e área deportiva Mosteiro de Tomiño.
As normas: iremos poñéndoas nas seccións correspondentes
Comezamos un novo curso na Agrupación!
Prometemos que será tan intenso como o anterior. Pero seguiremos innovando.
Atentos, atentas!!
Teredes oportunidade de participar en campo a través, tanto en horario lectivo como na fin de semana. A escoller... ou os dous!!
Tamén continuaremos fomentando a práctica do voleibol, do bádminton, do tenis de mesa, do atletismo, da loita, dos xogos populares...
E desta vez imos tentar ampliar a oferta en Secundaria. Preparádevos para a orientación!
Continuaremos ofertando as dinamizacións, nas que todo o mundo participa, e poñemos en contacto os colexios dun xeito máis dinámico.
Estade atentos, pronto teremos novas aquí!