Retomamos a competición de voleibol, cunha nova ubicación no calendario, en plena primavera.
Máis abaixo recordamos a normativa de xogos, que se fará en campo de bádminton coa rede a 2 m.
Os días programados: 26 de abril, 3 de maio e 10 de maio.
Animádevos a participar!
Normativa da nosa competición.
Establecemos dúas modalidades: para benxamíns (3º e 4º) e para Alevíns e Infantís.
Normas comúns:
1.- Xógase nun campo de bádminton con rede a 2 m. de altura.
2.-Os equipos son mixtos obligatoriamente, permanecendo en xogo sempre nenos e nenas.
3.- Xogan dous dianteiros e dous defensas. O defensa do lado dereito é o que ten o saque se lle corresponde ao seu equipo.
4.- Os equipos que gañan o punto gañan tamén o dereito de saque.
5.- Cada xogador sacará continuadamente se gaña o punto ata tres saques. Nese caso, se volve a gañar o punto, rotará obligatoriamente.
6.- As rotación faranse obligatoriamente tamén cando se recupera o saque.
7.- A rotación farase no sentido das agullas do reloxo, e no caso de contar con suplentes, no momento da rotación será o momento da substitución deste xeito:
O xogador que estaba no posto do saque, abandona a pista, e o xogador que entra ocupa o posto de defensa do lado esquerdo.
8.- Cando hai varios substitutos, teñen que respetar a quenda de relevo, sen que se poida saltar ningún xogador agás que se incumpla a norma de ter en pista nenos e nenas en todo momento.
9.-Un equipo conta como mínimo con catro xogadores e como máximo con 7.
10.- Os partidos xóganse a tempo corrido, en set único, quedando o resultado final en función do remate do tempo, tendo como excepción que poderán rematar a xogada viva no momento de soar a bocina do final do tempo.
Normas específicas para Benxamíns
11.- Xogarán cun balón grande de tela.
112.- En cada xogada, agás no saque, poderán permitir un bote de balón, podendo continuar o xogo.
13.- O saque poderá realizarse golpeando cun brazo ou cos dous.
14.- Poderá sacarse dende calquera punto da zona de defensa.
15.- En cada xogada, agás no saque, terán que devolver a pelota ao campo contrario en dous ou en tres toques, pero non nun único toque.
Normas específicas para alevíns e infantís
16.- Xogarán cun balón de tamaño reglamentario, adaptado á idade escolar.
17.- O saque realizarase detrás da liña de fondo
18.- A pelota non pode ser devolta nun único toque, debendo dar dous ou tres (sempre alternando xogadores entre toques).
Finalmente celebraremos dúas xornadas, das previstas no calendario. A do día 5 de decembro non se fará.
Adxuntamos o modelo de inscrición para remitir a agrudebam@gmail.com. Simplemente nos indicades o número de equipos por categoría. Lembrade ter mutualizados a todos os participàntes dous días antes da competición.
Os pasados 22 e 29 de novembro tiveron lugar as dúas xornadas de volei. Este ano houbo pouca participación, motivo polo que se axilizou a celebracións destas xornadas no que participaron os CEIP nº2 de Tui, Ceip Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández e CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.
Para ver fotos da xornada, facede clic na foto e co video no enlace de youtube.
Despois de dúas xornadas de competición, rematou o voleibol nesta tempada. O día 30 de novembro xogaron os equipos participantes e acadouse finalmente a seguinte clasificación:
Categoría Benxamin:
1º Caselles A
2º Nº 2 B
3º Barrantes
4º Caselles B
5º Nº 2 C
6º Nº 2 A
Categoría Alevín:
1º Nº 2 B
2º Caselles A
3º Nº 2 A
4º Sobrada A
5º Goián B
6º Randufe
7º Goián A
8º Caselles C
9º Barrantes
10º Caselles B
11º Sobrada B