O día 1 de outubro celebramos a asemblea anual na que preparamos o curso.
Nesta ocasión contamos con Daniel Benavides que nos resumiu as propostas de actividades que podemos facer.
Acordamos un calendario que podedes descargar no lateral esquerdo.
Como novidade, imos organizar unha proba de campo a través en horario escolar similar á que fixemos o curso anterior en Guillarei, incrementándoa a 4º curso de primara e tamén a 1º, 2º e 3º de ESO.
Seguiremos organizando as dinamizacións intercentros, que comezarán xa neste mes de outubro.
Tamén en horario escolar propoñemos facer loita para 4º, atletismo en pista para 5º e xogos populares para 6º. Agardamos que este ano se complete tamén con orientacion para ESO. Esa proposta aínda non está en calendario.
No horario extraescolar continuaremos co voleibo no primeiro trimeste, así como o deporte con maior éxito fóra do campo a través: o bádminton, que se desenvolverá a partir de xaneiro. Tamén virá logo o tenis de mesa.
Queremos animar a participación a tódolos centros da nosa zona. E para iso debedes comezar coas tarefas previas de mutualización deportiva na aplicación XOGADE.
Os centros educativos recibirán información animando a participar e tamén facilitando modelos de formularios necesarios, como autorizacións, inscricións, etc.
A radio galega fala de nós! O sábado 13 de abril de 2019, ás 12:05 h, emitiuse o programa "Convivir Deportivo", no que se presenta a nosa AGRUDEBAM.
Agardamos que vos guste!!
CALENDARIO DEPORTIVO DA TEMPORADA 2018- 2019
INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM
Esta agrupación dispón dun material que pode estar a disposición dalgunha entidade e/ou centro educativo sempre que o solicite ao correo da agrupación (agrudebam@gmail.com) e non estea xa prestado por outra entidade ou centro educativo. Tampouco se poderá prestar se esta agrupación fai uso dela actualmente ou polas datas estima que vai darlle uso. A continuación tedes a lista, que se irá completando, do material que dispoñemos. Nela figuran o nome do material, onde se localiza, as cantidades e se está dispoñible ou prestado. Asimesmo, se está prestado; a que entidade ou centro educativo se lle emprestou.
PROPOSTAS DE ORGANIZACIÓN DUNHA XORNADA DE MULTIDEPORTE