Curso 2022/23

Campo a través 12 de novembro de 2022

O pasado sábado 12 de novembro celebrouse o campo a través zonal con boas condicións meteorolóxicas na ribeira de Caldelas de Tui. Nela participaron distintos colexios de e un clube dos concellos de Tui e Tomiño.

Acontinuación, teredes acceso aos vídeos e resultados desta proba.

RESULTADOS CLASIFICACIÓNS

Resultados_por_EQUIPOS.pdf
Documento Adobe Acrobat [549.9 KB]
Resultados_BF.pdf
Documento Adobe Acrobat [336.5 KB]
Resultados_BM.pdf
Documento Adobe Acrobat [339.0 KB]
Resultados_AF.pdf
Documento Adobe Acrobat [332.9 KB]
Resultados_AM.pdf
Documento Adobe Acrobat [336.9 KB]
Resultados_IF.pdf
Documento Adobe Acrobat [326.1 KB]
Resultados_IM.pdf
Documento Adobe Acrobat [329.2 KB]
Resultados_CF.pdf
Documento Adobe Acrobat [306.5 KB]
Resultados_CM.pdf
Documento Adobe Acrobat [316.0 KB]

O sábado 12 de novembro organizamos unha proba de campo a través para colexios, clubes e entidades deportivas do noso ámbito territorial.  

Será no lugar da ribeira de Caldelas, no mesmo circuito no que se organizou os pasados 2 e 3 de novembro as probas de campo a través en horario lectivo.

Está convocada para as categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís e cadetes.

Podedes descargar as bases no enlace de abaixo.

Nota:  correrase con chip incorporado no dorsal. Ao final da carreira haberá que devolver este chip. Utilizarase esa devolución como vale para o refrixerio:  bocadillo, froita e chocolate quente.

Normativa campo a través do sábado 12 de novembro.
Normativa.pdf
Documento Adobe Acrobat [284.6 KB]

Se precisas axuda para inscribir participantes da túa entidade, podes descargar este manual.

MANUAL INSCRIBIR ALUMNADO DE XOGADE EN E[...]
Documento Adobe Acrobat [543.3 KB]

Curso 2019/20

Campo a través TOMIÑO

O pasado 23 de novembro a AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO organizou este campo a través, no que houbo baixa participación con respecto a anos anteriores. Pero os participantes amosaron moita ilusión e entrega, en tódalas categorías. Ao longo da mañá houbo momentos de choiva, sobre todo na categoría de infantil femenino, pero non foi impedimento para o desenvovlemento da proba.

Polo demais, todo saíu perfecto, e o chocolate estivo delicioso.

Agradecer ao CONCELLO e ao Servizo de DEPORTES pola súa colaboración. Tamén ao CEP Pedro Caselles Beltrán, por ceder as súas instalacións.

A continuación, podedes descargar os resultados de todas as carreiras, así como a clasificación por equipos; e visualizar os videos da xornada e da entrega de medaias e trofeos.

RESULTADOS DAS CLASIFICACIÓNS

Clasificación Benxamín Feminino Campo a [...]
Documento Adobe Acrobat [472.6 KB]
Clasificación Benxamín Masculino Campo a[...]
Documento Adobe Acrobat [474.8 KB]
Clasificación Alevín Feminino Campo a tr[...]
Documento Adobe Acrobat [473.0 KB]
Clasificación Alevín Masculino Campo a t[...]
Documento Adobe Acrobat [474.6 KB]
Clasificación Infantil Feminino Campo a [...]
Documento Adobe Acrobat [474.5 KB]
Clasificación Infantil Masculino Campo a[...]
Documento Adobe Acrobat [473.5 KB]
Clasificación Cadete (Masculino e Femini[...]
Documento Adobe Acrobat [388.0 KB]
Clasificación por equipos_Campo a través[...]
Documento Adobe Acrobat [677.4 KB]

Participantes

Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estén escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubes deportivos rexistrados tamén na nosa zona.

Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumpran estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).

É requisito imprescindible en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.

Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño os datos necesarios para participación de cada neno ou nena:  nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutualización deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubes implicados.

As carreiras.

Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín feminino

Benxamín masculino

Alevín feminino

Alevín masculino

Infantil feminino

Infantil masculino

Cadete feminino

Cadete masculino

Clasificados

Haberá dúas clasificacións en cada categoría:  individual e por equipos.

Na clasificación individual ordearanse por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.

Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.

Para clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club,  sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador.  Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.

Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.

Reclamacións.

Durante a celebración da xornada estará aberta a Secretaría da proba, onde poderedes presentar as reclamacións que consideredes. Tentarase consensuar unha resposta adecuada, e en todo caso, de non ser posible, prevalecerá a decisión da organización da carreira (agrudebam). Atenderanse únicamente as reclamacións cando veñan dos reprentantes dos colexios e clubes respectivos.

Transporte

Dende o Servicio de Deportes establecerase un servicio de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubes) e regreso ao finalizar a xornada.

Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instruccións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos.

Custo para os participantes

A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto, é totalmente gratuita para os participantes, tanto pola súa inscripción como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento  ou polo seu transporte.

Avituallamento

A organización ten previsto facilitar aos participantes, na medida das posibilidades,  un avituallamento e auga. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubes tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.

Inscrición para o CAMPO A TRAVÉS

Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubes de atletismo da mesma.

 

Prazo de inscrición

 

Para participar teredes que inscribir a tódolos participantes, por categorías, no recadro de abaixo e deberedes cubrilo ata o mércores 20: 

 

Horarios

As carreiras terán o seguinte horario:

 

10:30   Benxamín Feminino

10:40   Benxamín Masculino

10:55   Alevín Feminino

11:10   Alevín Masculino

11:25   Infantil Feminino

11:40   Infantil Masculino

12:00   Cadete Feminino

12:30   Cadete Masculino

Os circuitos

Información e planos
Documento con planos dos circuitos, horarios, e outra información sobre a carreira.
folleto das carreiras.pdf
Documento Adobe Acrobat [4.8 MB]

Curso 2018/19

Campo a través de O Rosal

Carreiras baixo choiva!  Nesta ocasión a climatoloxía non perdoou aos aspirantes a atletas, que demostraron a súa capacidade e vontade de gañar nunhas condicións difíciles.

A choiva restou algo de participación, pero aínda así, tivemos unhas carreiras espectaculares, nas que os nenos e nenas participantes demostraron que un pouco de auga non pode deslucir esta xornada tan importante no noso calendario.

Polo demáis, todo saiu perfecto, e o chocolate foi probablemente máis agradecido que noutras ocasións.

Abaixo podedes descargar os resultados de todas as carreiras, así como a clasificación por equipos.

CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS.pdf
Documento Adobe Acrobat [182.3 KB]

Nota:  na clasificación individual infantil masculino, detectouse un erro atendendo reclamación e procedeuse a corrixir. O atleta que chegou no posto sétimo estaba anotado indebidamente. Este listado está corrixido, quedando, por tanto, clasificado para o provincial o representante do Club Atletismo Tui.

CLASIFICACION EQUIPOS.pdf
Documento Adobe Acrobat [374.7 KB]

Campionato provincial de Chenlo

O vindeiro sábado día 9 de febreiro celebrarase en Chenlo (O Porriño) o campionato provincial de campo a través. No seguinte arquivo comprimido podedes descargar toda a información sobre esta proba. Os colexios e clubes clasificados teñen xa a documentación para participar.

Da nosa zona, os afectados por ter clasificados, ben por equipos, ben por individuais, son:

CEIP de Barrantes, CPI Suárez Marquier, CEIP de Pazos, CEP Pedro Caselles, CEIP N1, CEIP de Guillarei, CEIP de Sobrada, CEP Altamira, CEIP N2, IES Antón Alonso R, Club Atletismo Tui, Sociedade Atlética Trega, levando como convidados a S. Xerome Emiliani.

provincial chenlo.zip
Archivo comprimido en formato ZIP [938.6 KB]
Cartel en formato png (2500 x 3100)
Cartel en formato png para imprimir
cartel.png
Formato PNI (Portable Network Image) [1.9 MB]

O vindeiro 19 de xaneiro celebraremos a proba de campo a través no Rosal. Será no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño. Podedes ver a ubicación nesta imaxe.

Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubes de atletismo da mesma.

Inscrición

Para participar teredes que enviar ao correo agrudebam@gmail.com o arquivo excel que adxuntamos aquí.

Os datos de entidade cúbrense na primeira folla, e logo se cubren os datos dos participantes en cada categoría.

Prazo de inscrición

Debedes adxuntar os inscritos ata o mercores 16

documento de inscrición
inscricion campo a traves O Rosal 2018.x[...]
Tabla de Microsoft Excel [1.2 MB]

Normativa

Participantes

Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estén escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubes deportivos rexistrados tamén na nosa zona.

Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumplan estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).

E requisito imprescindible en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.

Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño os datos necesarios para participación de cada neno ou nena:  nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutualización deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubes implicados.

As carreiras.

Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín feminino

Benxamín masculino

Alevín feminino

Alevín masculino

Infantil feminino

Infantil masculino

Cadete feminino

Cadete masculino

Clasificados

Haberá dúas clasificacións en cada categoría:  individual e por equipos.

Na clasificación individual ordearanse por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.

Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.

Para clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club,  sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador.  Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.

Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.

Reclamacións.

Durante a celebración da xornada estará aberta a Secretaría da proba, onde poderedes presentar as reclamacións que consideredes. Tentarase consensuar unha resposta adecuada, e en todo caso, de non ser posible, prevalecerá a decisión da organización da carreira (agrudebam). Atenderanse únicamente as reclamacións cando veñan dos reprentantes dos colexios e clubes respectivos.

Transporte

Dende o Servicio de Deportes establecerase un servicio de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubes) e regreso ao finalizar a xornada.

Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instruccións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos, dadas as características do lugar, zona sensible  de protección na REDE NATURA 2000

Custo para os participantes

A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto, é totalmente gratuita para os participantes, tanto pola súa inscripción como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento  ou polo seu transporte.

Avituallamento

A organización ten previsto facilitar aos participantes, na medida das posibilidades,  un avituallamento e auga. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubes tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.

 

 

O circuito

CURSO 2017-2018

 

 

Onte, o día 18 de novembro, tivo lugar a xornada de Campo a través de Soutelo, no concello de Salceda. Dita xornada foi organizada pola nosa agrupación. Agradecemos ao Concello e á Comunidade de Montes pola súa colaboración. A meteoroloxía, este ano, si que nos favoreceu moitísimo, permitíndonos disfrutar desta xornada.

Agradecer tamén, asimesmo, ao Servizo Provincial de Deportes, á policía local e ao servizo de ambulancia. Sen todas estas colaboracións a celebración deste evento non sería posible. Aquí tedes un video coas categorias participantes, por orde cronolóxica, para quen queira verse ou só queira ver unha categoría concreta (adiantando ou retrasando o vídeo) e para quen non puido asistir, disfrutar do video completo.

Clasificacións

Clasificación Individual categoría Benxamín Feminino
Individual BF.pdf
Documento Adobe Acrobat [141.9 KB]
Clasificación Individual categoría Benxamín Masculino
Individual BM.pdf
Documento Adobe Acrobat [185.0 KB]
Clasificación Individual categoría Alevín Feminino
Individual AF.pdf
Documento Adobe Acrobat [143.2 KB]
Clasificación Individual categoría Alevín Masculino
Individual AM.pdf
Documento Adobe Acrobat [142.7 KB]
Clasificación Individual categoría Infantil Feminino
Individual IF.pdf
Documento Adobe Acrobat [137.9 KB]
Clasificación Individual categoría Infantil Masculino
Individual IM.pdf
Documento Adobe Acrobat [138.1 KB]
Clasificación Individual categoría Cadete Feminino
Individual CF.pdf
Documento Adobe Acrobat [133.4 KB]
Clasificación Individual categoría Cadete Masculino
Individual CM.pdf
Documento Adobe Acrobat [132.7 KB]
Clasificación por equipos todas as categorías
CLASIFICACION EQUIPOS.pdf
Documento Adobe Acrobat [331.5 KB]
Clasificados para o Campionato Provincial da zona Baixo Miño
Relación de equipos e atletas individuais clasificados.
Criterio: 2 primeiros equipos e os oito primeiros atletas que non entraran por equipo.
CLASIFICACIÓN PARA O CAMPIONATO PROVINCI[...]
Documento Adobe Acrobat [403.2 KB]

Como chegar

Formulario de inscrición da carreira
Cubrir o formulario e envialo a agrudebam@gmail.com
inscricion campo a traves SOUTELO 2017.x[...]
Tabla de Microsoft Excel [3.1 MB]

Animacións das carreiras

CURSO 2016-2017

 

 

CAMPIOAS DO CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI

Unha serie de nenas do CEIP plurilingüe de Guillarei foron recibidas no casa do Concello de Tui en recoñecemento do éxito que tiveron estas na pasada competición provincial do Campo a Través e ademais tendo en conta, como di o propio Concello na súa páxina, que competían con clubes de atletismo de toda Galiza.

 

Parabens!

CAMPO A TRAVÉS (A GUARDA)

Onte tivo lugar a xornada de Campo a través de A Guarda organizada pola nosa agrupación. Realizouse no Cámping de Santa Tecla, ao que agradecemos pola cesión dos seus espazos e a súa colaboración. O tempo meteorolóxico non nos acompañou pero iso non impediu que os nosos participantes puideran disfrutar desta xornada. Agradecer tamén, asimesmo, ao Concello de A Guarda, ao Servizo Provincial de Deportes, á policía local e ao servizo de ambulancia. Sen todas estas colaboracións a xornada non sería posible. Aquí tedes un video coas categorias participantes, por orde cronolóxica, para quen queira verse ou só queira ver unha categoría concreta (adiantando ou retrasando o vídeo) e para que non puido asistir, disfrutar do video completo.

Como chegar ao lugar:

Inscricións para a proba

Para participar deberedes ter mutualizados aos atletas en XOGADE.  Participarán segundo a normativa xeral   de http://www.deporteescolargalego.com/, así como as normas específicas propias desta carreira.

Para inscribirse, deberedes enviar copia do arquivo excel ao noso correo agrudeba@gmail.com.  Tedes de plazo ata o mércores 23 de novembro.

Os centros educativos que precisedes transporte para os vosos alumnos, deberedes comunicalo para que fagamos a petición aos nosos teléfonos 677777285 ou 650602161 antes do venres 18.

Documento de inscrición
Folla de Excel para inscribir aos participantes do colexio ou club.
Renomealo con relación ao voso centro e envialo a agrudebam@gmail.com
inscricion campo a traves a guarda 2016.[...]
Tabla de Microsoft Excel [55.0 KB]

 

SERVIZOS NA XORNADA

Contaremos cunhas magníficas instalacións do recinto. Os participantes realizarán o seu percorrido prácticamente na súa totalidade por herba e en terreo horizontal.

Ao rematar a carreira daráselles unha merenda consistente nun bocadillo, unha froita e tamén un chocolate quente.

Para facilitar as cousas, a organización facilitará dorsais personalizados aos delegados dos equipos. Nestes dorsais figurará o propio nome do participante.

Estará aberta a cafetería do camping para os asistentes da xornada.

 

Por último, terá lugar unha exhibición de mushing (canicross, bikejoring, patín, triciclo...) organizada pola profe Ledi do IES de Tomiño que dará a coñecer esta modalidade deportiva descoñecida para moitos de nós e que xa tivo lugar na pasada temporada deportiva e que tanto gustou. Asi que poderemos seguir desfrutando desta exhibición.

Horario da xornada

Día:  sábado, 26 de novembro de 2016

Lugar:  recinto do camping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda)

Horario da xornada:

9:00 horas: apertura da Secretaría

9:30 horas: Comezo da recepción dos colexios e clubes. Entrega de documentación e dorsais. Xestión de cambios ou erros.

10:30 horas: Saída Benxamín Feminino

10:40 horas: Saída Benxamin Masculino

10:55 horas: Saída Alevín Feminino

11:10 horas: Saída Alevín Masculino

11:25 horas: Saída Infantil Feminino

11:40 horas: Saída Infantil Masculino

12:00 horas: Saída Cadete Feminino

12:30 horas: Saída Cadete Masculino

 

 

 

13:00 horas: Remate das carreiras

13:15 horas: Entrega de medallas e trofeos

13:45 horas: Fin da xornada

A proba será clasificatoria para o campionato provincial que se convocará oportunamente, pero poderán participar atletas doutras zonas, sen clasificar.

TROFEOS.

Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados en cada categoría dentro da competición oficial.

Trofeos para os tres equipos de cada categoría.

Para clasificar como equipos contaranse os resultados dos catro primeiros clasificados en cada categoría, agás en cadetes,onde contan tres.

Este é o plano xeral das instalacións.  Nesta ocasión haberá unha saída para tódalas carreiras, cun circuito con tres variantes.

As carreiras

Aquí están os diferentes percorridos por categoría:

Identificación dos tres tramos do circuito. Require Flashplayer

Animacións das carreiras:

Animación para Benxamin Masculino e Feminino. Require Flashplayer
Animación Alevín Feminino. Require Flashplayer
Animación Alevín Masculino e Infantil Feminino. Require Flashplayer

Contador de visitas

DOCUMENTO AUTORIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS EN XOGADE

AUTORIZACIÓN PARA CUBRIR DATOS PERSOAIS NA NOVA APLICACIÓN DE XOGADE
AUTORIZAC_DATOS_PLATAF_centro_educativo.[...]
Open Office Writer [13.3 KB]

DOCUMENTO AUTORIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS E DE IMAXE PARA AGRUDEBAM

AUTORIZACIÓN CESIÓN DA DATOS E IMAXE PARA AGRUDEBAM
Modelo cesión datos e imaxe.doc
Documento Microsoft Word [27.5 KB]
Manual para utilizar a aplicación de inscricións
Manual de usuario Aplicacion Web.pdf
Documento Adobe Acrobat [823.0 KB]

Contacto

AGRUDEBAM

Rúa Mosteiro s/n (CEP Pedro Caselles Beltrán) 

C.P 36740

 

Correo electrónico: agrudebam@gmail.com


Tamén podes chamarnos aos teléfonos: 677 77 72 85 e 650 60 21 61

AGRUDEBAM NA REDE

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM

Este inventario aínda non está completo!

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM
INVENTARIADO.xls
Tabla de Microsoft Excel [288.5 KB]

CALENDARIO DEPORTIVO

Calendario de Toda a Competición 23-24.p[...]
Documento Adobe Acrobat [102.7 KB]