Os pasados xoves 18 e venres 19 de maio tivo lugar a proba de atletismo en Tomiño e Tui; respectivamente. Nas instalacións deportivas do CEP plurilingüe Pedro Caselles Beltrán e A Macoca.
A proba estivo dirixida para o alumnado de 5º de primaria e de 1º e 2º de ESO.
Foron unhas fantásticas xornadas que se desenvolveron con normalidade e entusiasmo polos rapaces e rapazas.
A continuación, deixamos os resultados de ditas probas.
O venres 1 de abril tocoulles a quenda a distintos colexios de Tui e un de Tomiño para desfrutar a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para o curso de 6º de primaria nas instalacións da Macoca (Tui): CEIP PLURILINGÜE Nº2, CEIP DE SOBRADA, CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI, CEIP PAZOS DE REIS, CEIP DE RANDUFE e CEIP DE REBORDANS.
Destacar aos equipos GUILLAREI, SOBRADA e PAZOS como os tres que encabezan a clasificación final ordenada da xornada celebrada este día.
Facede clic, a continuación, para acceder aos resultados da clasificación así como tamén ás fotos da xornada.
Erro detectado na clasificación en 60 m, serie 3. O arquivo adxunto xa está actualizado.
O venres 25 de marzo celebrouse a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para os cursos de 1º ESO e 2ºESO dos IES ANTÓN ALONSO RÍOS E IES SAN PAIO, de Tomiño e Tui respectivamente.
Dita xornada transcorreu co mesmo espíritu e entusiasmo das xornadas anteriores.
Destacar aos equipos AAR 1ºB e 1ºA e SAN PAIO 1ºD na clasificación final ordenada para os cursos de 1ºESO e aos equipos SAN PAIO 2ºA e 2ºE e AAR 2ºA para os cursos 2ºESO.
Facede clic, a continuación para ver os resultados desta xornada
O xoves 24 de marzo celebrouse a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para os cursos de 6º de primaria de disitintos colexios de Tui, Salceda e Tomiño: CEP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES BELTRÁN, CEIP BARRANTES, CEIP PLURILINGÜE DE TEBRA e CEP ALTAMIRA.
Dita xornada transcorreu con boa temperatura e co
mesmo espíritu e entusiasmo das xornadas anteriores.
Destacar ao equipo de Barrantes e ALTAMIRA B e C na clasificación final ordenada.
Facede clic, a continuación para ver os resultados desta xornada, así como tamén as fotografías.
O venres 17 de marzo tocoulles a quenda a distintos colexios de Tui e un de Tomiño para desfruta a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para o curso de 5º de primaria nas instalacións da Macoca (Tui): CEIP PLURILINGÜE Nº1 e Nº2, CEIP DE SOBRADA, CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI, CEIP PAZOS DE REIS, CEIP DE RANDUFE e CEIP DE REBORDANS.
Destacar aos equipos de Randufe, Sobrada e N2 B como os tres primeiros clasificados. Tal como poderedes observar no arquivo, aínda que na clasificacion final ordeada Sobrada e Randufe empatasen, Randufe ten máis victorias logradas que Sobrada.
Facede clic, a continuación, para acceder aos resultados da clasificación así como tamén ás fotos da xornada.
O xoves 17 de marzo celebrouse a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para os cursos de 5º de primaria de disitintos colexios de Tui, Salceda e Tomiño: CEP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES BELTRÁN, CEIP BARRANTES, CEIP PLURILINGÜE DE TEBRA e CEP ALTAMIRA.
Dita xornada foi a primeira que puidemos celebrar despois do parón producido pola incidencia acumulada da COVID neste comezo de ano. Polo que todo transcorreu con ilusión e moitas gañas de retomar a actividade deportiva.
Destacar aos equipos de ALTAMIRA E e CASELLES B e A como os tres primeiros clasificados.
Facede clic, a continuación, para acceder aos resultados da clasificación así como tamén ás fotos da xornada.
Celebráronse as dúas xornadas de atletismo en pista cun tempo soleado, nas instalacións do CEP Pedro Caselles o día 21 e A Macoca o 22.
Na primeira acudiron 6 centros educativos, que formaron un total de 7 equipos, que competiron marabillosamente nas probas de velocidade (60 m), fondo (500 m), lanzamento de peso, lanzamento de vórtex, salto de lonxitude e carreira de relevos 4x60.
O día seguinte, en Pazos de Reis, xuntáronse 6 colexios para montar un total de 11 equipos en competición, e realizaron o mesmo programa. Foron dúas xornadas de convivencia co atletismo, das que agardamos espertar o gusto por este deporte entre o noso alumnado.
Moitas grazas a quen nos axudou a organizar estas probas: concellos, entidade local, e club Atletismo Tui.
Na xornada de Tomiño o CEIP de Sobrada, equipo de 5º A, foi o gañador, con 78 puntos. Seguiron a un punto de distancia do anterior os equipos de Suárez Marquier, Tebra/Barrantes (formaron un único equipo) e Caselles B.
A proba non poido ser máis igualada! Noraboa a todos os nenos e a todas as nenas participantes!
A xornada de Tui, con máis alumnos e alumnas, foi tamén emocionante e igualada, gañando por un punto de diferencia o equipo de Altamira A sobre Rebordans.
De todos os equipos, soamente un, o CEIP de Guillarei participaba incompleto (dous subequipos). Esta que vedes é a puntuación absoluta.
Publicamos debaixo a puntuación compensada, tendo en conta esta circunstancia.
CURSO 2017-2018
O luns 26 de marzo celebrouse en Tui, na pista de atletismo de A Macoca, unha nova edición da competición de atletismo en pista para colexios, con alumnado de 5º curso de Primaria.
Unha vez máis foi fantástica a participación e implicación de nenos e nenas competindo xunto cos seus compañeiros para chegar máis rápido, máis alto, e máis forte. Aquí podedes ver os resultados.
O pasado martes 13 tivo lugar a xornada de atletismo en pista no patio do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN, en Tomiño. Tivo un éxito de participación, a pesar de que o tempo meteorolóxico ía ameazar un poco a organización e celebración desta xornada. Pero, ó final desenvolveuse sen incidencia ningunha.
Os participantes desfrutaron coas probas de lanzamento d evórtex, de peso, 60 m, 500 m e relevos 4x60. Participaron os coles de Tomiño, de Salceda e do Rosal.
Finalmente, o equipo gañador foi o Caselles B, aínda que cunha diferencia de puntos moi axustada sobre Suárez Marquier A.
Podedes ver os clasificados globais e por probas no arquivo adxunto.
CURSO 2016-2017
Se facedes clic na imaxe, veredes máis fotos desta xornada!
Cun día de sol primaveral celebrouse a segunda xornada de promoción do atletismo neste curso.
Novamente nas instalacións de A Macoca, en Pazos de Reis, e coa colaboración de Entidade Menor, o Club Thermalia Tui e o Concello de Tui, poidemos desenvolver unha xornada na que os nosos atletas de Tui e Salceda competiron nas modalidades de 60 metros, 500 metros, salto de lonxitude, lanzamento de vórtex, lanzamento de peso e relevos 4 x 60.
Participaron os colexios de Altamira (4 equipos), Nº 2 (3 equipos), Nº1, Pazos, Caldelas, Guillarei, Rebordans e Maristas, facendo un total de 13 equipos.
Podedes descargar no enlace as clasificacións, e felicitamos a tódolos participantes polo espíritu deportivo demostrado, facendo un recoñecemento específico ao equipo de ALTAMIRA A como campión do torneo.
Parabéns!!
Celebrouse xa a primeira das xornadas en Tomiño.
Tivemos unha estrea marabillosa da pista de atletismo, cun día de sol e calor.
150 nenos e nenas de Tomiño e O Rosal, alumnos de 5º, competiron no formato proposto pola Secretaría Xeral para o Deporte, de dividir cada grupo de alumnos en tres equipos, con representación nas cinco probas convocadas: 60 m, 500 m, vórtex, peso e lonxitude, así como unha carreira de relevos de 4 x 60 metros.
A suma de puntuacións dos tres equipos dese grupo daría a puntuación final para o mesmo.
Logo de tódalas participacións estes son os resultados, que están desgranados no arquivo para descargar. Noraboa aos representantes do Manuel Suárez Marquier pola victoria! E felicitacións a todos polo nivel de competición demostrado!
Estas xornadas de atletismo terán lugar o 15 de marzo en A Macoca para os centros e entidades participantes da zona de Tui e o 10 de marzo na nova pista que se construíu no patio do CEP Pedro Caselles Beltrán para os centros e entidades participantes da zona de Tomiño. Nelas participarán os nenos e nenas que cursan 5º de Primaria. Asimesmo as probas que terán cabida son as seguintes: 60m Lisos, 500m Lisos, Lanzamento de Vórtex, Salto de Lonxitude, Lanzamento de peso de 2kg, Relevo 4x60 m. Tedes, a continuación, os documentos de inscrición para esta xornada.