Acceso ás seccións nos enlaces da esquerda

Nesta sección podedes acceder ás nosas actividades que realizamos en horario lectivo. 

Todas elas están pensadas para favorecer unha participación integral do alumnado dos centros,  empregando, con carácter xeral, cada grupo/clase como equipo de participación.

No actual curso temos programado facer:

  • Encontros multideportivos (baloncesto, balonmán, voleibol, bádminton e fútbol-sala)
  • Cros escolar para 2º a 6º de primaria, e 1º e 2º ESO
  • Loita para cuarto de primaria
  • Atletismo en pista para quinto de primaria
  • Xogos populares para sexto de primaria

Nos encontros multideportivos  deseñamos unha competición multideportiva entre dous colexios, na que participa por cada colexio e categoría unha clase enteira.  Durante unha mañá xógase a balonmán, baloncesto, bádminton, voleibol e fútbol-sala.  Todo en pistas reducidas de media cancha, o que posibilita a realización de todo o programa nun tempo de unhas 3 horas, e realizando un total de dez enfrontamentos deportivos.

cros escolar en horario lectivo  é unha proba xa consolidada tamén. Trátase de facer o campo a través nun horario lectivo, que permita acudir a todo o alumnado dos cursos participantes.

Dado o número de participantes, realízase unha serie de carreiras, cada unha delas cun número aproximado de 70 ou 80 participantes, controlando os seus tempos.

Finalmente establécese unha clasificación global de todas as carreiras de cada nivel (clasificación para segundo e clasificación para terceiro,  para cuarto...).

Cada corredor participa cun número de dorsal único identificado e forma equipo coa súa clase.

Cada clase clasifícase en función da normativa correspondente, e as gañadoras terán oportunidade de participar nunha fase provincial.

Deste xeito todos os nenos e nenas da clase participan da carreira, e fomentamos a integración e participación por riba da selección e comparación.

O xogo de loita mantén cada edición un grande éxito de participación. Trátase de enfrontar equipos de cuarto curso EP entre si nunha variedade de xogos sobre unha lona como as de loita.  Os xogos son de tipo roubar o rabo, dar volta ao rival, etc, todos relacionados coa introdución a esta modalidade deportiva, e moi divertidos!

Contador de visitas

DOCUMENTO AUTORIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS EN XOGADE

AUTORIZACIÓN PARA CUBRIR DATOS PERSOAIS NA NOVA APLICACIÓN DE XOGADE
AUTORIZAC_DATOS_PLATAF_centro_educativo.[...]
Open Office Writer [13.3 KB]

DOCUMENTO AUTORIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS E DE IMAXE PARA AGRUDEBAM

AUTORIZACIÓN CESIÓN DA DATOS E IMAXE PARA AGRUDEBAM
Modelo cesión datos e imaxe.doc
Documento Microsoft Word [27.5 KB]
Manual para utilizar a aplicación de inscricións
Manual de usuario Aplicacion Web.pdf
Documento Adobe Acrobat [823.0 KB]
calendario anual 24-25.pdf
Documento Adobe Acrobat [204.5 KB]
CALENDARIO ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS.pdf
Documento Adobe Acrobat [437.6 KB]

Contacto

AGRUDEBAM

Rúa Mosteiro s/n (CEP Pedro Caselles Beltrán) 

C.P 36740

 

Correo electrónico: agrudebam@gmail.com


Tamén podes chamarnos aos teléfonos: 677 77 72 85 e 650 60 21 61

AGRUDEBAM NA REDE

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM

Este inventario aínda non está completo!

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM
INVENTARIADO.xls
Tabla de Microsoft Excel [288.5 KB]