Aprázase para os vindeiros 3 e 4 de novembro as carreiras que tiñamos programada para esta semana de outubro por mor das condicións climatolóxicas que se prevén para este xoves 27 e venres 28 de outubro.
Este curso escolar comezaremos as actividades deportivas coa proba de campo a través en horario lectivo, co formato de carreiras por clases, nas que o máis valioso será a participación e convicencia con todos os coles. Nesta sección iremos poñendo máis información. Estade atentos e atentas.
O pasado mércores 24 de novembro celebrouse, de novo, esta modalidade de Campo a Través no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán.
Participaron e desfrutaron moitísimo desta xornada, nesta vez, o alumnado de 3º Primaria, 5º de Primaria e de 1 ESO de diferentes centros educativos de Tui, Tomiño e Salceda.
Se queredes ver fotos de dita xornada facede clic na imaxe ou no seguinte hipervínculo.
CLASIFICACIÓN CAMPO A TRAVÉS HORARIO LECTIVO - 24 NOVEMBRO
Os pasados xoves 28 de outubro e venres 29 de outubro celebrouse esta modalidade de Campo a Través no CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán.
As instalacións exteriores deste colexio e tendo en conta os protocolos para realizar este tipo de actividades deportivas permitiron a súa realización, repartidos no dous días propostos a finais de outubro.
Foi unha volta esperada despois que a pandemia paralizase toda a actividade deportiva cun éxito de participación, a pesar das condicións de frío e choiva no segundo día.
Facede clic no documento PDF para ver os resultados da clasificación e na imaxe para ver máis fotos deste evento.
Xa temos a organización deste evento deportivo, co horario xa máis definido. Para ver as horas aproximadas nas que van participar cada un dos centros educativos e os horarios de buses, repartidos nos dous días lectivos propostos, observade as imaxes que se amosan a continución.
Tamén tedes un plano onde podedes contemplar como realizar o acceso ao recinto escolar.
O día 15 de novembro celebramos as carreiras de primaria e secundaria.
Atrevémonos con todo, e resultou fantástico!
Participaron os colexios de Altamira, Guillarei, Rebordans, Pazos, Nº 2, Nº 1, Tebra, Sobrada, Caselles, Pintor A. Fernandez, e o IES Antón Alonso Ríos, do que estamos especialmente orgullosos, xa que nunca antes convocáramos a tantos participantes desta etapa educativa.
Noraboa a todos e a todas!
(En revisión os resultados de ESO)
Deberedes mandar as inscricións ao correo agrudebam@gmail.com o máis axiña que poidades, dada a dificultade da preparación.
Como data máxima, terán que estar enviadas o venres 8 para primaria, e o martes 12 para secundaria.
Todo o alumnado de cada clase de segundo, de terceiro e cuarto cursos de primaria, así como de 1º, 2º e 3º de ESO dos centros da nosa zona.
Nesta proba as carreiras serán mixtas, cunha clasificación única para cada nivel educativo.
Os alumnos e alumnas consideraranse polo seu curso e non pola súa idade.
Dado que serán moitos os participantes, non podemos facer carreiras únicas por categoría.
Faranse varias series para segundo, logo para terceiro e finalmente para cuarto o día 14, e de igual modo co alumnado de ESO o día 15.
Con isto logramos que cada carreira non teña un número maior de 80 ou 90 participantes, para poder controlar a chegada dos participantes con garantías.
Cronometrarase os tempos de cada corredor. Desta maneira poderase posteriormente clasificar globalmente a totalidade dos participantes en cada categoría (2º e 3º).
Cada participante levará un dorsal identificativo personalizado, que inclúe chip para control por RF.
Cada corredor participa cun dorsal único de clase.
Por exemplo: o colexio Pedro Caselles participa con dúas clases de 2º. Os de 2ºA levan todos un dorsal único; os de 2º B levan todos outro dorsal único. Así as clasificacións de todos os alumnos e alumnas de 2º A darán un valor que os situará nunha clasificación con todos os demáis cursos e colexios de segundo.
Pero como podemos clasificar equipos con diferente número de participantes?
Isto realízase aplicando un algoritmo que compense a diferencia de número, e que podedes ver máis abaixo.
Sistema de puntuación para as carreras de primaria
Dado que cada clase compite cun número diferente de alumnos e alumnas, debemos establecer un criterio que equilibre estas diferencias sen deixar de ter en conta o resultado de todos eles.
A clasificación final farase en tres categorías: segundo, terceiro e cuarto.
Por tanto, unha vez rematadas todas as mangas de cada nivel, integraranse as clasificacións de todas as mangas dese nivel de tal xeito que o xogador máis rápido de segundo en todas elas, queda en primeiro lugar, e ordeadamente os demáis.
Cada posto computa eses mesmos puntos para a súa clase (recordade que cada clase ten un único dorsal).
Imaxinemos que un colexio participou cunha clase de 2º de 14 alumnos/as.
Estes 14 alumnos quedaron nos postos: 1, 17, 36, 129, 245... e sucesivamente ata os 14 postos. Con estes postos sumamos o valor total que obtiveron (imaxinemos que 3402 puntos).
Por outro lado calculamos a puntuación ideal deste grupo de alumnos, é dicir: quedar nos postos 1, 2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13 e 14. Isto sumaría 105 puntos.
Finalmente dividimos o resultado real entre o resultado ideal (neste caso: 3402/105 = 32,4). Obtemos así un valor que canto máis baixo sexa, mellor resultado reflexará para o seu equipo.
Consideraremos tamén que en caso de empate de valor entre dúas clases, terá ventaxa a que teña máis participantes.
Así poderemos clasificar os equipos, pero tede en conta, e máis neste formato de competición, que o importante é participar.
Sistema de puntuación para as carreiras de secundaria
Procederemos de igual xeito que en primaria, pero introducindo outra variante: a porcentaxe de alumnado en cada clase que participa, con relación ao seu número total. Isto quere dicir, que pretendemos premiar a participación masiva de cada clase.
Se nunha clase participa o 80% ou máis, do seu alumnado, aplícase a fórmula de suma de postos real dividido entre suma de postos ideal.
Cando non se chega a esa porcentaxe, penalizarase a baixa participación desa clase, sumando postos últimos a un número de alumnos/as que completara esa cifra do 80%.
Exemplo:
O IES... presenta un equipo de 2º A con 15 participantes, e nesa clase a matrícula é de 24. Para alcanzar a porcentaxe do 80%, terían que participar 19. Como faltan 4, na súa clasificación sumaranse os puntos dos 15 participantes, e engadiremos a puntuación do último clasificado total desa carreira, multiplicado por catro. O factor de división mantense igual, sobre os 15 participantes.
O día 16 de novembro concentramos ao alumnado de segundo e terceiro de primaria no terreiro de festas de Guillarei celebrando, por primeira vez, a carreira de campo a través escolar para alumnado de 2º e 3º de primaria.
Esta proba tivo unha regulamentación diferente do campo a través zonal.
Participaron os CEIP de Tui: de Randufe, de Rebordans, Plurilingüe Número 1 e 2, Plurilingüe de Guillarei, de Pazos de Reis . Tamén o CEP Altamira de Salceda de Caselas e os colexios do Concello de Tomiño: CEP Pedro Caselles Beltrán, CEIP de Sobrada, Plurilingüe de Tebra, Pintor Antonio Fernández e de Barrantes. Un campo a través novidoso para a nosa Agrupación e que resultou fantástica e con éxito de participación e de realización.
A continuación, teredes algunhas fotos desta celebración deportiva. Tamén as clasificacións por equipos.
Parabéns aos de segundo, que participaron nun número de 303 nenos e nenas, en 19 equipos. Noraboa a Randufe, por ser os gañadores.
Felicitamos aos 272 corredores de terceiro que participaron na proba. E tamén vai un recoñecemento e aplauso aos alumnos e alumnas de 3º B do CEIP Plurilingüe Nº 2, xa que foron os máis rápidos da competición.
Dado que serán moitos os participantes, non podemos facer dúas únicas carreiras.
Faranse varias series para terceiro e logo outras para segundo.
Previsiblemente serán catro carreiras en terceiro e catro en segundo.
Con isto logramos que cada carreira non teña un número maior de 80 ou 90 participantes, para poder controlar a chegada dos participantes con garantías.
Cronometrarase os tempos de cada corredor. Desta maneira poderase posteriormente clasificar globalmente a totalidade dos participantes en cada categoría (2º e 3º)
Cada corredor participa cun dorsal único de clase.
Por exemplo: o colexio Pedro Caselles participa con dúas clases de 2º. Os de 2ºA levan todos un dorsal único; os de 2º B levan todos outro dorsal único. Así as clasificacións de todos os alumnos e alumnas de 2º A darán un valor que os situará nunha clasificación con todos os demáis cursos e colexios de segundo.
Pero como podemos clasificar equipos con diferente número de participantes?
Isto realízase aplicando un algoritmo que compense a diferencia de número, e que podedes ver máis abaixo.