Benvid@s á nosa web!        Visitas : 

 Volta á actividade


Co comezo do 2012 volvemos á actividade nos colexios, e tamén na actividade deportiva desta Agrupación.
Na semana do 16 ao 20 de xaneiro celebrarase a segunda xornada de Dinamización Intercentros nas zonas de Tui e Tomiño, e o martes 17, xornada de fútbol-sala.
Na seguinte semana, corresponderá a dinamización á zona de O Porriño, e o martes 24 teremos a primeira xornada de balonmán. E continuará así ata final de curso. Non hai descanso para o deporte!
Así pois, temos que poñernos as pilas de novo!

Comeza a competición de balonmán

O martes 24 de xaneiro comezou en Tui a competición de balonmán nas categorías de prebenxamin, benxamín e alevín,  que se xogará en catro xornadas que podedes coñecer no calendario.

Esta competición está patrocinada, ao contrario que tódalas outras modalidades deportivas, pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Haberá tamén a xornada festiva de balonmán na rúa en Vigo o 17 de maio, (tamén patrocinada pola Deputación)  así como o torneo de San Telmo e torneo de verán do Club Balonmán Tui. Todo un calendario para que rematen os nosos participantes cunha boa experiencia neste deporte.

 Preparados para a competición de bádminton.


Na semana primeira de febreiro comezará a competición de bádminton en Tui e Tomiño. Os nosos atletas están xa queimando volantes para xogar como campións. Lembrade:  martes 30, en Randufe, competición da zona de Tui, e o día seguinte, mércorres, en Tomiño, a competición da nosa zona.


Balonman de nivel en Tui


Con motivo da próxima celebración do Torneo IV Nacións de Balonmán sub-21 en Oporto, esta primeira semana escolar do 2012 se concentrará a selección española de balonmán sub-21 en Tui. O torneo disputarase entre os combinados español, portugués, francés e alemán.  Tódolos afeccionados poderemos disfrutar dos entrenamentos de forma gratuita deste equipo.  Un novo privilexio para Tui, que hai uns meses disfrutou tamén co baloncesto.


 Partido amistoso balonmán:  Galicia- Arxentina

O mércores día 11 de xaneiro, no pavillón novo de Tui celebrarase un encontro internacional de balonmán masculino, entre as seleccións de Galicia e de Arxentina.  O partido irá precedido dunha recepción por parte dos xogadores do combinado español sub-21 aos pequenos xogadores de balonmán das nosas escolas deportivas en Tui e Tomiño. Todos estes cativos serán recibidos polos xogadores desta selección, así como os xogadores da selección galega e da arxentina. Todo un premio para eles.

Non faltedes ao pavillón novo de Tui.    As recepcións comezarán ás 19:30 horas, logo do adestramento, e o partido amistoso Galicia-Arxentina dará comezo ás 20:30 horas.



Despedir o ano cunha carreira
Que mellor maneira para os deportistas!  Podedes facelo achegándovos a Salceda o día 30. aquí tedes o cartel e o percorrido.



Animación do percorrido
Máis información:  Concello de Salceda de Caselas

Torneo de Nadal de Balonmán en Tui

O Club Balonmán Tui organiza un ano máis o Torneo de Nadal de Balonmán para tódolos escolares que practican este deporte na nosa zona.
O vindeiro martes, 20 de decembro, temos cita no pavillón novo de Tui co balonmán de base.

Xornada de atletismo escolar


  O sábado, 26 de novembro celebrouse a xornada de campo a través  escolar da nosa zona.   O monte do Borralliño, en Soutelo,  resultou un marabilloso lugar para disfrutar coas carreiras, nunha participación fantástica de pequenos atletas do Tomiño, O Rosal, Tui e Salceda. Nesta ocasión temos que destacar o equilibrio en participantes nas distintas categorías.  Notouse un incremento evidente en cadetes masculino, o que soamente pode significar a  fidelidade na participación deportiva no salto aos institutos. Agradecemento a tódolos que contribuiron ao éxito da proba: concello, Servizo de deportes, profesorese pais implicados,  clubes...    e parabéns aos atletas!         
Máis información                                                           


En marcha tamén a dinamización intercentros en horario lectivo.

Comezamos tamén a actividade intercentros denominada "dinamización",  que consiste na xuntanza en horario lectivo de dous centros educativos para xogar diversos deportes nun pavillón.

Polo número de clubes temos organizadas tres zonas de xogos, con equipos na zona de O  Porriño-Mos,  de Tui-Salceda-Salvaterra, e de Tui-Tomiño.

Temos xa un video dunha xornada en Tomiño. Máis


CALENDARIO GLOBAL DE COMPETICIÓNS

Xa temos elaborado o calendario das competicóns para este curso escolar. Seguimos medrando en actividades,  e así realizaremos  dinamización intercentros en horario lectivo con trece colexios inscritos. Haberá competicións por concentración de voleibol, bádminton e tenis de mesa, e tamén actividade de balonmán e baloncesto, así como fútbol-sala. Por outra parte teremos tamén xornadas de atletismo en pavillón, de campo a través, duatlon e biatlon. Non haberá tempo para aburrirse.

Rematou a competición de voleibol

Logo de tres xornadas de voleibol, quedounos a experiencia para os nosos participantes, que disfrutaron con este marabilloso deporte.
Foron 150 alumnos dos colexios Nº 1, Nº2, Maristas, Randufe, Sobrada, Caselles e Barrantes,  e mesmo participaba un equipo "Baixo Miño" que formaba unha selección de participantes de distintos colexios.  Tamén se "cederon" xogadores a outros colexios  para completar equipos. O importante foi a competición, e que todos participaran coa maior intensidade.
Resultaron gañadores nas tres categorías equipos de Nº 1, Randufe e Maristas. Noraboa aos campións e a tódolos demáis participantes!
Máis información  (e vídeos das tres xornadas!)