O pasado sábado 12 de novembro celebrouse o campo a través zonal con boas condicións meteorolóxicas na ribeira de Caldelas de Tui. Nela participaron distintos colexios de e un clube dos concellos de Tui e Tomiño.
Acontinuación, teredes acceso aos vídeos e resultados desta proba.
O sábado 12 de novembro organizamos unha proba de campo a través para colexios, clubes e entidades deportivas do noso ámbito territorial.
Será no lugar da ribeira de Caldelas, no mesmo circuito no que se organizou os pasados 2 e 3 de novembro as probas de campo a través en horario lectivo.
Está convocada para as categorías de Benxamíns, Alevíns, Infantís e cadetes.
Podedes descargar as bases no enlace de abaixo.
Nota: correrase con chip incorporado no dorsal. Ao final da carreira haberá que devolver este chip. Utilizarase esa devolución como vale para o refrixerio: bocadillo, froita e chocolate quente.
Se precisas axuda para inscribir participantes da túa entidade, podes descargar este manual.
O pasado 23 de novembro a AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO organizou este campo a través, no que houbo baixa participación con respecto a anos anteriores. Pero os participantes amosaron moita ilusión e entrega, en tódalas categorías. Ao longo da mañá houbo momentos de choiva, sobre todo na categoría de infantil femenino, pero non foi impedimento para o desenvovlemento da proba.
Polo demais, todo saíu perfecto, e o chocolate estivo delicioso.
Agradecer ao CONCELLO e ao Servizo de DEPORTES pola súa colaboración. Tamén ao CEP Pedro Caselles Beltrán, por ceder as súas instalacións.
A continuación, podedes descargar os resultados de todas as carreiras, así como a clasificación por equipos; e visualizar os videos da xornada e da entrega de medaias e trofeos.
Participantes
Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estén escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubes deportivos rexistrados tamén na nosa zona.
Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumpran estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).
É requisito imprescindible en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.
Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño os datos necesarios para participación de cada neno ou nena: nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutualización deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubes implicados.
As carreiras.
Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:
Benxamín feminino
Benxamín masculino
Alevín feminino
Alevín masculino
Infantil feminino
Infantil masculino
Cadete feminino
Cadete masculino
Clasificados
Haberá dúas clasificacións en cada categoría: individual e por equipos.
Na clasificación individual ordearanse por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.
Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.
Para clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club, sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador. Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.
Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.
Reclamacións.
Durante a celebración da xornada estará aberta a Secretaría da proba, onde poderedes presentar as reclamacións que consideredes. Tentarase consensuar unha resposta adecuada, e en todo caso, de non ser posible, prevalecerá a decisión da organización da carreira (agrudebam). Atenderanse únicamente as reclamacións cando veñan dos reprentantes dos colexios e clubes respectivos.
Transporte
Dende o Servicio de Deportes establecerase un servicio de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubes) e regreso ao finalizar a xornada.
Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instruccións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos.
Custo para os participantes
A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto, é totalmente gratuita para os participantes, tanto pola súa inscripción como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento ou polo seu transporte.
Avituallamento
A organización ten previsto facilitar aos participantes, na medida das posibilidades, un avituallamento e auga. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubes tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.
Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubes de atletismo da mesma.
Prazo de inscrición
Para participar teredes que inscribir a tódolos participantes, por categorías, no recadro de abaixo e deberedes cubrilo ata o mércores 20:
As carreiras terán o seguinte horario:
10:30 Benxamín Feminino
10:40 Benxamín Masculino
10:55 Alevín Feminino
11:10 Alevín Masculino
11:25 Infantil Feminino
11:40 Infantil Masculino
12:00 Cadete Feminino
12:30 Cadete Masculino
Carreiras baixo choiva! Nesta ocasión a climatoloxía non perdoou aos aspirantes a atletas, que demostraron a súa capacidade e vontade de gañar nunhas condicións difíciles.
A choiva restou algo de participación, pero aínda así, tivemos unhas carreiras espectaculares, nas que os nenos e nenas participantes demostraron que un pouco de auga non pode deslucir esta xornada tan importante no noso calendario.
Polo demáis, todo saiu perfecto, e o chocolate foi probablemente máis agradecido que noutras ocasións.
Abaixo podedes descargar os resultados de todas as carreiras, así como a clasificación por equipos.
Nota: na clasificación individual infantil masculino, detectouse un erro atendendo reclamación e procedeuse a corrixir. O atleta que chegou no posto sétimo estaba anotado indebidamente. Este listado está corrixido, quedando, por tanto, clasificado para o provincial o representante do Club Atletismo Tui.
O vindeiro sábado día 9 de febreiro celebrarase en Chenlo (O Porriño) o campionato provincial de campo a través. No seguinte arquivo comprimido podedes descargar toda a información sobre esta proba. Os colexios e clubes clasificados teñen xa a documentación para participar.
Da nosa zona, os afectados por ter clasificados, ben por equipos, ben por individuais, son:
CEIP de Barrantes, CPI Suárez Marquier, CEIP de Pazos, CEP Pedro Caselles, CEIP N1, CEIP de Guillarei, CEIP de Sobrada, CEP Altamira, CEIP N2, IES Antón Alonso R, Club Atletismo Tui, Sociedade Atlética Trega, levando como convidados a S. Xerome Emiliani.
O vindeiro 19 de xaneiro celebraremos a proba de campo a través no Rosal. Será no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño. Podedes ver a ubicación nesta imaxe.
Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubes de atletismo da mesma.
Inscrición
Para participar teredes que enviar ao correo agrudebam@gmail.com o arquivo excel que adxuntamos aquí.
Os datos de entidade cúbrense na primeira folla, e logo se cubren os datos dos participantes en cada categoría.
Prazo de inscrición
Debedes adxuntar os inscritos ata o mercores 16
Participantes
Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estén escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubes deportivos rexistrados tamén na nosa zona.
Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumplan estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).
E requisito imprescindible en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.
Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño os datos necesarios para participación de cada neno ou nena: nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutualización deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubes implicados.
As carreiras.
Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:
Benxamín feminino
Benxamín masculino
Alevín feminino
Alevín masculino
Infantil feminino
Infantil masculino
Cadete feminino
Cadete masculino
Clasificados
Haberá dúas clasificacións en cada categoría: individual e por equipos.
Na clasificación individual ordearanse por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.
Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.
Para clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club, sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador. Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.
Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.
Reclamacións.
Durante a celebración da xornada estará aberta a Secretaría da proba, onde poderedes presentar as reclamacións que consideredes. Tentarase consensuar unha resposta adecuada, e en todo caso, de non ser posible, prevalecerá a decisión da organización da carreira (agrudebam). Atenderanse únicamente as reclamacións cando veñan dos reprentantes dos colexios e clubes respectivos.
Transporte
Dende o Servicio de Deportes establecerase un servicio de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubes) e regreso ao finalizar a xornada.
Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instruccións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos, dadas as características do lugar, zona sensible de protección na REDE NATURA 2000
Custo para os participantes
A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto, é totalmente gratuita para os participantes, tanto pola súa inscripción como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento ou polo seu transporte.
Avituallamento
A organización ten previsto facilitar aos participantes, na medida das posibilidades, un avituallamento e auga. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubes tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.
CURSO 2017-2018
Onte, o día 18 de novembro, tivo lugar a xornada de Campo a través de Soutelo, no concello de Salceda. Dita xornada foi organizada pola nosa agrupación. Agradecemos ao Concello e á Comunidade de Montes pola súa colaboración. A meteoroloxía, este ano, si que nos favoreceu moitísimo, permitíndonos disfrutar desta xornada.
Agradecer tamén, asimesmo, ao Servizo Provincial de Deportes, á policía local e ao servizo de ambulancia. Sen todas estas colaboracións a celebración deste evento non sería posible. Aquí tedes un video coas categorias participantes, por orde cronolóxica, para quen queira verse ou só queira ver unha categoría concreta (adiantando ou retrasando o vídeo) e para quen non puido asistir, disfrutar do video completo.
CURSO 2016-2017
Unha serie de nenas do CEIP plurilingüe de Guillarei foron recibidas no casa do Concello de Tui en recoñecemento do éxito que tiveron estas na pasada competición provincial do Campo a Través e ademais tendo en conta, como di o propio Concello na súa páxina, que competían con clubes de atletismo de toda Galiza.
Parabens!
CAMPO A TRAVÉS (A GUARDA)
Onte tivo lugar a xornada de Campo a través de A Guarda organizada pola nosa agrupación. Realizouse no Cámping de Santa Tecla, ao que agradecemos pola cesión dos seus espazos e a súa colaboración. O tempo meteorolóxico non nos acompañou pero iso non impediu que os nosos participantes puideran disfrutar desta xornada. Agradecer tamén, asimesmo, ao Concello de A Guarda, ao Servizo Provincial de Deportes, á policía local e ao servizo de ambulancia. Sen todas estas colaboracións a xornada non sería posible. Aquí tedes un video coas categorias participantes, por orde cronolóxica, para quen queira verse ou só queira ver unha categoría concreta (adiantando ou retrasando o vídeo) e para que non puido asistir, disfrutar do video completo.
Como chegar ao lugar:
Para participar deberedes ter mutualizados aos atletas en XOGADE. Participarán segundo a normativa xeral de http://www.deporteescolargalego.com/, así como as normas específicas propias desta carreira.
Para inscribirse, deberedes enviar copia do arquivo excel ao noso correo agrudeba@gmail.com. Tedes de plazo ata o mércores 23 de novembro.
Os centros educativos que precisedes transporte para os vosos alumnos, deberedes comunicalo para que fagamos a petición aos nosos teléfonos 677777285 ou 650602161 antes do venres 18.
SERVIZOS NA XORNADA
Contaremos cunhas magníficas instalacións do recinto. Os participantes realizarán o seu percorrido prácticamente na súa totalidade por herba e en terreo horizontal.
Ao rematar a carreira daráselles unha merenda consistente nun bocadillo, unha froita e tamén un chocolate quente.
Para facilitar as cousas, a organización facilitará dorsais personalizados aos delegados dos equipos. Nestes dorsais figurará o propio nome do participante.
Estará aberta a cafetería do camping para os asistentes da xornada.
Por último, terá lugar unha exhibición de mushing (canicross, bikejoring, patín, triciclo...) organizada pola profe Ledi do IES de Tomiño que dará a coñecer esta modalidade deportiva descoñecida para moitos de nós e que xa tivo lugar na pasada temporada deportiva e que tanto gustou. Asi que poderemos seguir desfrutando desta exhibición.
Día: sábado, 26 de novembro de 2016
Lugar: recinto do camping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda)
Horario da xornada:
9:00 horas: apertura da Secretaría
9:30 horas: Comezo da recepción dos colexios e clubes. Entrega de documentación e dorsais. Xestión de cambios ou erros.
10:30 horas: Saída Benxamín Feminino
10:40 horas: Saída Benxamin Masculino
10:55 horas: Saída Alevín Feminino
11:10 horas: Saída Alevín Masculino
11:25 horas: Saída Infantil Feminino
11:40 horas: Saída Infantil Masculino
12:00 horas: Saída Cadete Feminino
12:30 horas: Saída Cadete Masculino
A proba será clasificatoria para o campionato provincial que se convocará oportunamente, pero poderán participar atletas doutras zonas, sen clasificar.
TROFEOS.
Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados en cada categoría dentro da competición oficial.
Trofeos para os tres equipos de cada categoría.
Para clasificar como equipos contaranse os resultados dos catro primeiros clasificados en cada categoría, agás en cadetes,onde contan tres.
Este é o plano xeral das instalacións. Nesta ocasión haberá unha saída para tódalas carreiras, cun circuito con tres variantes.
Aquí están os diferentes percorridos por categoría: