O espazo web para a promoción do deporte de base no Baixo Miño
Fantásticas dúas xornadas que celebramos no Rosal, nas instalacións do CPI Manuel Suárez Marquier.
Benvidos e benvidas ao novo curso escolar 2024/25!
Este ano temos outra vez unha morea de propostas deportivas. E xa estamos preparando a primeira delas: o cros escolar.
Vai ser no Rosal, e concretamente, no propio CPI Manuel Suárez Marquier.
Tamen continuaremos de seguido coa xornada de xogos populares, neste caso noutro colexio: o CEP Pedro Caselles.
Os Encontros Multideportivos seguirán sendo parte da nosa actividade, cuns novos cruces este ano.
E isto so é comezar!
Moito ánimo a todos os rapaces e rapazas para apuntarse ao deporte a través de AGRUDEBAM!
Despois da celebración da asemblea deste novo curso no pasado mes de setembro, xa temos publicadas na web o calendario das actividades propostas para este novo curso escolar.
Así como tamén dos encontros multipertivos (anteriormente: dinamizacións intercentros), divididos en dous tipos de colexios participantes: pequenos e grandes.
Animádadevos a participar en tódalas ou na maioría das actividades que se organizarán ao longo da temporada e fomentar na rapazada o gusto e a práctica do deporte escolar, en idade escolar, dun xeito san, participativo e colaborativo.
BENVIDOS Á NOVA TEMPORADA ESCOLAR!
O xoves 17 de marzo celebrouse a xornada de atletismo en pista en horario lectivo para os cursos de 5º de primaria de disitintos colexios de Tui, Salceda e Tomiño: CEP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES BELTRÁN, CEIP BARRANTES, CEIP PLURILINGÜE DE TEBRA e CEP ALTAMIRA.
Dita xornada foi a primeira que puidemos celebrar despois do parón producido pola incidencia acumulada da COVID neste comezo de ano. Polo que todo transcorreu con ilusión e moitas gañas de retomar a actividade deportiva.
Para iso xa tedes publicado na nosa sección as imaxes e os resultados desta xornada. Facede clic na imaxe.
Convocamos unhas xornadas de atletismo en pista nas instalacións de A Macoca e no Pedro Caselles.
Poderán participar todos os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, así como de 1º e 2º de ESO.
O calendario corresponde ao que tedes no documento do calendario de competicións, separando as xornadas por zonas : Tui/Salceda e Tomiño/O Rosal.
A primeira xornada do día 17 de marzo será no Pedro Caselles para 5º de primaria dos coles de Tomiño e O Rosal, e o 18 en Pazos de Reis (A Macoca) o mesmo nivel para os de Tui e Salceda.
6º competirá os días 24 de marzo en Tomiño e 1 de abril en Pazos, e 1º e 2º ESO o día 25 de marzo as dúas zonas no Pedro Caselles.
As probas serán as seguintes:
50 m, 500 m, Lanzamento de peso, lanzamento de vórtex e salto de lonxitude, así como relevos 4x50.
No seguinte arquivo podedes consultar o esquema dunha xornada.