Campo a través de 2º e 3º

O día 16 de novembro concentramos ao alumnado de segundo e terceiro de primaria no terreiro de festas de Guillarei celebrando, por primeira vez,  a carreira de campo a través escolar para alumnado de 2º e 3º de primaria.

Esta proba tivo unha regulamentación diferente do campo a través zonal.

 

Participaron os CEIP de Tui: de Randufe, de Rebordans, Plurilingüe Número 1 e 2, Plurilingüe de Guillarei, de Pazos de Reis . Tamén o CEP Altamira de Salceda de Caselas e os colexios do Concello de Tomiño: CEP Pedro Caselles Beltrán, CEIP de Sobrada, Plurilingüe de Tebra, Pintor Antonio Fernández e de Barrantes. Un campo a través novidoso para a nosa Agrupación e que resultou fantástica e con éxito de participación e de realización.

 

A continuación, teredes algunhas fotos desta celebración deportiva. Tamén as clasificacións por equipos.

 

Parabéns aos de segundo, que participaron nun número de 303 nenos e nenas, en 19 equipos. Noraboa a Randufe, por ser os gañadores.

Felicitamos aos 272 corredores de terceiro que participaron na proba. E tamén  vai un recoñecemento e aplauso aos alumnos e alumnas de 3º B do CEIP Plurilingüe Nº 2, xa que foron os máis rápidos da competición.

Participantes convocados

Todo o alumnado de cada clase de segundo e de terceiro cursos de primaria dos colexios da nosa zona.

Nesta proba as carreiras serán mixtas, cunha clasificación única para segundo e outra para terceiro

Os alumnos e alumnas consideraranse polo seu curso e non pola súa idade.

Cantas carreiras?

Dado que serán moitos os participantes, non podemos facer dúas únicas carreiras.

Faranse varias series para terceiro e logo outras para segundo.

Previsiblemente serán catro carreiras en terceiro e catro en segundo.

Con isto logramos que cada carreira non teña un número maior de 80 ou 90 participantes, para poder controlar a chegada dos participantes con garantías.

Cronometrarase os tempos de cada corredor. Desta maneira poderase posteriormente clasificar globalmente a totalidade dos participantes en cada categoría (2º e 3º)

Como clasificamos?

 Cada corredor participa cun dorsal único de clase.

 

Por exemplo:  o colexio Pedro Caselles participa con dúas clases de 2º. Os de 2ºA levan todos un dorsal único; os de 2º B levan todos outro dorsal único. Así as clasificacións de todos os alumnos e alumnas de 2º A darán un valor que os situará nunha clasificación con todos os demáis cursos e colexios de segundo.

 

Pero como podemos clasificar equipos con diferente número de participantes?

Isto realízase aplicando un algoritmo que compense a diferencia de número, e que podedes ver máis abaixo.

Sistema de puntuación

Dado que cada clase compite cun número diferente de alumnos e alumnas, debemos establecer un criterio que equilibre estas diferencias sen deixar de ter en conta o resultado de todos eles.

A clasificación final farase en dúas categorías:  segundo e terceiro.

Por tanto, unha vez rematadas todas as mangas de segundo e de terceiro, integraranse as clasificacións de todas as mangas en cada nivel de tal xeito que o xogador máis rápido de segundo en todas elas, queda en primeiro lugar, e ordeadamente os demáis.

Cada posto computa eses mesmos puntos para a súa clase (recordade que cada clase ten un único dorsal).

Imaxinemos que un colexio participou cunha clase de 2º de 14 alumnos/as.

Estes 14 alumnos quedaron nos postos:  1, 17, 36, 129, 245... e sucesivamente ata os 14 postos. Con estes postos sumamos o valor total que obtiveron (imaxinemos que 3402 puntos).

Por outro lado calculamos a puntuación ideal deste grupo de alumnos, é dicir:  quedar nos postos 1, 2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13 e 14.  Isto sumaría 105 puntos.

Finalmente dividimos o resultado real entre o resultado ideal (neste caso: 3402/105 = 32,4).  Obtemos así un valor que canto máis baixo sexa, mellor resultado reflexará para o seu equipo.

Consideraremos tamén que en caso de empate de valor entre dúas clases, terá ventaxa a que teña máis participantes.

Así poderemos clasificar os equipos, pero tede en conta, e máis neste formato de competición, que o importante é participar.

Contador de visitas

Manual para utilizar a aplicación de inscricións
Manual de usuario Aplicacion Web.pdf
Documento Adobe Acrobat [823.0 KB]

Contacto

AGRUDEBAM

Rúa Mosteiro s/n (CEP Pedro Caselles Beltrán) 

C.P 36740

 

Correo electrónico: agrudebam@gmail.com


Tamén podes chamarnos aos teléfonos: 677 77 72 85 e 650 60 21 61

AGRUDEBAM NA REDE

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM

Este inventario aínda non está completo!

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM
INVENTARIADO.xls
Tabla de Microsoft Excel [288.5 KB]

CALENDARIO DEPORTIVO

CALENDARIO DEPORTIVO 2018-2019
Calendario de Toda a Competición 2018-19[...]
Documento Microsoft Word [401.0 KB]

Facede clic debaixo para agrandar o calendario para súa visualización.