CAMPO A TRAVÉS

CURSO 2017-2018

 

 

Como chegar

Formulario de inscrición da carreira
Cubrir o formulario e envialo a agrudebam@gmail.com
inscricion campo a traves SOUTELO 2017.x[...]
Tabla de Microsoft Excel [3.1 MB]

Animacións das carreiras

CURSO 2016-2017

 

 

CAMPIOAS DO CEIP PLURILINGÜE DE GUILLAREI

Unha serie de nenas do CEIP plurilingüe de Guillarei foron recibidas no casa do Concello de Tui en recoñecemento do éxito que tiveron estas na pasada competición provincial do Campo a Través e ademais tendo en conta, como di o propio Concello na súa páxina, que competían con clubes de atletismo de toda Galiza.

 

Parabens!

CAMPO A TRAVÉS (A GUARDA)

Onte tivo lugar a xornada de Campo a través de A Guarda organizada pola nosa agrupación. Realizouse no Cámping de Santa Tecla, ao que agradecemos pola cesión dos seus espazos e a súa colaboración. O tempo meteorolóxico non nos acompañou pero iso non impediu que os nosos participantes puideran disfrutar desta xornada. Agradecer tamén, asimesmo, ao Concello de A Guarda, ao Servizo Provincial de Deportes, á policía local e ao servizo de ambulancia. Sen todas estas colaboracións a xornada non sería posible. Aquí tedes un video coas categorias participantes, por orde cronolóxica, para quen queira verse ou só queira ver unha categoría concreta (adiantando ou retrasando o vídeo) e para que non puido asistir, disfrutar do video completo.

Como chegar ao lugar:

Inscricións para a proba

Para participar deberedes ter mutualizados aos atletas en XOGADE.  Participarán segundo a normativa xeral   de http://www.deporteescolargalego.com/, así como as normas específicas propias desta carreira.

Para inscribirse, deberedes enviar copia do arquivo excel ao noso correo agrudeba@gmail.com.  Tedes de plazo ata o mércores 23 de novembro.

Os centros educativos que precisedes transporte para os vosos alumnos, deberedes comunicalo para que fagamos a petición aos nosos teléfonos 677777285 ou 650602161 antes do venres 18.

Documento de inscrición
Folla de Excel para inscribir aos participantes do colexio ou club.
Renomealo con relación ao voso centro e envialo a agrudebam@gmail.com
inscricion campo a traves a guarda 2016.[...]
Tabla de Microsoft Excel [55.0 KB]

 

SERVIZOS NA XORNADA

Contaremos cunhas magníficas instalacións do recinto. Os participantes realizarán o seu percorrido prácticamente na súa totalidade por herba e en terreo horizontal.

Ao rematar a carreira daráselles unha merenda consistente nun bocadillo, unha froita e tamén un chocolate quente.

Para facilitar as cousas, a organización facilitará dorsais personalizados aos delegados dos equipos. Nestes dorsais figurará o propio nome do participante.

Estará aberta a cafetería do camping para os asistentes da xornada.

 

Por último, terá lugar unha exhibición de mushing (canicross, bikejoring, patín, triciclo...) organizada pola profe Ledi do IES de Tomiño que dará a coñecer esta modalidade deportiva descoñecida para moitos de nós e que xa tivo lugar na pasada temporada deportiva e que tanto gustou. Asi que poderemos seguir desfrutando desta exhibición.

Horario da xornada

Día:  sábado, 26 de novembro de 2016

Lugar:  recinto do camping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda)

Horario da xornada:

9:00 horas: apertura da Secretaría

9:30 horas: Comezo da recepción dos colexios e clubes. Entrega de documentación e dorsais. Xestión de cambios ou erros.

10:30 horas: Saída Benxamín Feminino

10:40 horas: Saída Benxamin Masculino

10:55 horas: Saída Alevín Feminino

11:10 horas: Saída Alevín Masculino

11:25 horas: Saída Infantil Feminino

11:40 horas: Saída Infantil Masculino

12:00 horas: Saída Cadete Feminino

12:30 horas: Saída Cadete Masculino

 

 

 

13:00 horas: Remate das carreiras

13:15 horas: Entrega de medallas e trofeos

13:45 horas: Fin da xornada

A proba será clasificatoria para o campionato provincial que se convocará oportunamente, pero poderán participar atletas doutras zonas, sen clasificar.

TROFEOS.

Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados en cada categoría dentro da competición oficial.

Trofeos para os tres equipos de cada categoría.

Para clasificar como equipos contaranse os resultados dos catro primeiros clasificados en cada categoría, agás en cadetes,onde contan tres.

Este é o plano xeral das instalacións.  Nesta ocasión haberá unha saída para tódalas carreiras, cun circuito con tres variantes.

As carreiras

Aquí están os diferentes percorridos por categoría:

Identificación dos tres tramos do circuito. Require Flashplayer

Animacións das carreiras:

Animación para Benxamin Masculino e Feminino. Require Flashplayer
Animación Alevín Feminino. Require Flashplayer
Animación Alevín Masculino e Infantil Feminino. Require Flashplayer

Contador de visitas

Contacto

AGRUDEBAM

Rúa Mosteiro s/n (CEP Pedro Caselles Beltrán) 

C.P 36740

 

Correo electrónico: agrudebam@gmail.com


Tamén podes chamarnos aos teléfonos: 677 77 72 85 e 650 60 21 61

AGRUDEBAM NA REDE

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM

Este inventario aínda non está completo!

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM
INVENTARIADO.xls
Tabla de Microsoft Excel [288.5 KB]

CALENDARIO DEPORTIVO

CALENDARIO TEMPORADA 2017-2018
Calendario de Toda a Competición 2017-18[...]
Documento Microsoft Word [199.5 KB]
CALENDARIO TEMPORADA 2017-2018
Calendario de Toda a Competición 2017-20[...]
Documento Adobe Acrobat [134.7 KB]

Facede clic debaixo para agrandar o calendario para súa visualización.