CURSO 2016-2017

Xornadas de atletismo de Tomiño e Tui

Tui, 15 de marzo

Se facedes clic na imaxe, veredes máis fotos desta xornada!

Cun día de sol primaveral celebrouse a segunda xornada de promoción do atletismo neste curso.

Novamente nas instalacións de A Macoca, en Pazos de Reis, e coa colaboración de Entidade Menor, o Club Thermalia Tui e o Concello de Tui, poidemos desenvolver unha xornada na que os nosos atletas de Tui e Salceda competiron nas modalidades de 60 metros, 500 metros, salto de lonxitude, lanzamento de vórtex, lanzamento de peso e relevos 4 x 60.

Participaron os colexios de Altamira (4 equipos), Nº 2 (3 equipos), Nº1,  Pazos, Caldelas, Guillarei, Rebordans e Maristas, facendo un total de 13 equipos.

Podedes descargar no enlace as clasificacións, e felicitamos a tódolos participantes polo espíritu deportivo demostrado, facendo un recoñecemento específico ao equipo de ALTAMIRA A como campión do torneo.

Parabéns!!

ResultadosatletismoTui15-03-17.xlsx
Tabla de Microsoft Excel [884.5 KB]

Tomiño, 10 de marzo

Celebrouse xa a primeira das xornadas en Tomiño.

Tivemos unha estrea marabillosa da pista de atletismo,  cun día de sol e calor.

150 nenos e nenas de Tomiño e O Rosal, alumnos de 5º, competiron no formato proposto pola Secretaría Xeral para o Deporte, de dividir cada grupo de alumnos en tres equipos, con representación nas cinco probas convocadas: 60 m, 500 m, vórtex, peso e lonxitude, así como unha carreira de relevos de 4 x 60 metros.

A suma de puntuacións dos tres equipos dese grupo daría a puntuación final para o mesmo.

Logo de tódalas participacións estes son os resultados, que están desgranados no arquivo para descargar.  Noraboa aos representantes do Manuel Suárez Marquier pola victoria! E felicitacións a todos polo nivel de competición demostrado!

Resultados globais e desglosados de Tomiño
Arquivo Excel coas puntuacións na diferentes probas e os datos de conxunto.
Resultadosatletismo10-03-17 tomiño.xlsx
Tabla de Microsoft Excel [485.3 KB]

XORNADA ATLETISMO EN PISTA - TOMIÑO

Estas xornadas de atletismo terán lugar o 15 de marzo en A Macoca para os centros e entidades participantes da zona de Tui e o 10 de marzo na nova pista que se construíu no patio do CEP Pedro Caselles Beltrán para os centros e entidades participantes da zona de Tomiño. Nelas participarán os nenos e nenas que cursan 5º de Primaria. Asimesmo as probas que terán cabida son as seguintes: 60m Lisos, 500m Lisos, Lanzamento de Vórtex, Salto de Lonxitude, Lanzamento de peso de 2kg, Relevo 4x60 m. Tedes, a continuación, os documentos de inscrición para esta xornada.

Ficha inscrición Tomiño
Ficha inscrición I Xornada Atletismo en [...]
Documento Microsoft Word [259.5 KB]
Ficha inscrición Tui
Ficha inscrición I Xornada Atletismo en [...]
Documento Microsoft Word [261.5 KB]
CALENDARIO ATLETISMO
Calendario Atletismo .doc
Documento Microsoft Word [71.0 KB]

Contador de visitas

Contacto

AGRUDEBAM

Rúa Mosteiro s/n (CEP Pedro Caselles Beltrán) 

C.P 36740

 

Correo electrónico: agrudebam@gmail.com


Tamén podes chamarnos aos teléfonos: 677 77 72 85 e 650 60 21 61

AGRUDEBAM NA REDE

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM

Este inventario aínda non está completo!

INVENTARIO DO MATERIAL DE AGRUDEBAM
INVENTARIADO.xls
Tabla de Microsoft Excel [288.5 KB]

CALENDARIO DEPORTIVO

Facede clic debaixo para agrandar o calendario para súa visualización.

 

CALENDARIO DEPORTIVO 2016-2017
Calendario de Toda a Competición 2016-17[...]
Documento Adobe Acrobat [68.6 KB]