Benvidos á páxina web da Agrupación Deportiva Baixo Miño
A nosa agrupación leva xa funcionando moitos anos, polo esforzo dos que levaron antes esta responsabilidade. Tradicionalmente encargouse de xestionar a actividade deportiva escolar que se promove desde a Administración Pública da Xunta de Galicia no ámbito territorial das comarcas de O Baixo Miño, Louriña, Condado e Paradanta.
Desde o ano 2006 os membros do novo equipo directivo queremos modernizar esta organización e facela máis eficaz .
Traballamos en equipo, temos moita ilusión, e queremos contaxiar a máis persoas: mestres, monitores, anpas, clubes... en definitiva, ser non soamente a canle de comunicación coa Secretaría Xeral para o Deporte, sinon tamén unha plataforma que faga posible a organización do deporte de base na nosa zona, e que sirva de referencia e apoio a tantas xentes que se relacionan con este mundo.
O ámbito territorial da nosa Agrupacion comprende os concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Savaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, Crecente, Arbo e A Cañiza.