Que é dinamización Intercentros en Horario Lectivo?
Esta Esta modalidade de competición consiste no encontro de dous centros, durante horario escolar, para realizar competición de varios deportes, cunhas normas e regulamentación adaptadas para permitir a súa realización nunha marxe de tempo razoable.
Na nosa zona haberá competicións nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil
| Baloncesto | Xogarán un partido de mini basket de catro cuartos de 5 minutos, con descansos de 1', 2' e 1'. A puntuación é independente cada cuarto, comezando sempre dende 0-0. Cada cuarto gañado, para a puntuación final, suma 3 puntos, 2 puntos se se empata, e 1 punto cando se perde. Finalmente, o equipo gañador pola suma destas puntuacións recibe 3 puntos, o perdedor, 1 punto,e se empatan, 2 puntos cada equipo. Sempre haberá en cancha equipo mixto, e os cambios, salvo necesidade, faranse para cada cuarto. |
| Balonman | Partido de minibalonman de 4 cuartos de 5', con puntuación parcial igual que no baloncesto, e resultado final do mesmo xeito. Campo e porterías adaptadas. 5 xogadores, facendo sempre equipo mixto, que realizarán cambios para cada cuarto. |
| Voleibol | Partido de minivoleibol en campo de bádminton con rede a 2,00 metros. Reglas técnicas como na competición de voleibol por concentración: mínimo dous toques, máximo tres. En Benxamin pode dar un bote a pelota, e tamén poden sacar dende dentro do campo. A rotación será obligatoria logo de tres saques gañadores. Partido de dous tempos de 10', coa puntuación acumulada. Poden realizar os cambios que se desexen, pero respetando polo menos unha rotación de cada xogador. |
| Bádminton | Xogaranse catro partidos individuais, con dous enfrontamentos mixtos, un masculino e un feminino. Cada colexio pode presentar para a xornada dous xogadores ou catro (1 neno e unha nena ou dous nenos e dúas nenas). xogarase cada partido a tempo corrido de 5'. Cando soe o timbre de final de tempo, deberá continuar a xogada activa ata o seu remate. |
| Fútbol-sala | Xogarán partidos de dous tempos de 10'. 5 xogadores por equipo. Poderán realizarse tódolo cambios que se desexen, mantendo en todo momento o carácter mixto do equipo no campo. |
| Xadrez | Xogaranse catro partidos do mesmo xeito que no enfrontamento en bádminton, con unha ou dúas parellas de paticipantes por equipo. Tempo máximo de partida: 20'. Superado ese tempo, considerarase empate. |
Todas estas normas poderían modificarse de común acordo en función da disponibilidade de tempo para a celebración da xornada.
Lémbrate de enviar acta da xornada
Modelos de actas: