Normas de xogo para o minivoleibol na nosa zona
Competirase coas normas basicas do mini voleibol que establece a Federación, pero coas seguintes particularidades:
Categorías e idades:
| Benxamín Feminino | 2002 e 2003 |
| Benxamín Masculino | 2002 e 2003 |
| Alevín Feminino | 1999 e 2000 |
| Alevín Masculino | 1999 e 2000 |
| Infantil Masculino | 1997 e 1998 |
| Infantil Feminino | 1997 e 1998 |
Realizaremos os partidos de 4 xogadores en campos de bádminton con rede a 2,00 metros.
O saque terá que facerse dende a liña de fondo, pero na categoría Benxamín poderán facelo dentro do campo, na zona de defensa.
Deberán xogar a pelota con dous toques mínimo, e máximo de tres.
Na categoría Benxamín permitiremos un bote da pelota.
O xogador que saca, se gaña o punto, repetirá o saque ata que complete tres servizos, momento no que deberá rotar ainda que gañara o tanto.
Os catro xogadores de campo deberán rotar ordeadamente para executar o saque cando o seu equipo recupera o servizo ou cando o que sacaba executou os seus tres saques.
Poderán realizarse os cambios que se queira, coa condición de que cada xogador ten que completar a súa rotación.
Os partidos xogaranse a tempo: 10 minutos a un único set. No momento de soar o aviso de finalizar o partido, o árbitro permitirá completar a xogada activa.