Organización do sistema de competición zonal.
A competición zonal é a que realizamos dentro da zona de influencia da nosa Agrupación e que non ten relación coa competición que paralelamente se organiza a través da Federación Galega de Bádminton, sobre a que os centros recibiron información no seu momento.
Competiremos por xornadas de concentración divididas en zonas e categorías, polo número previsible de participantes:
Zona de Tomiño: CEIP de Sobrada, CEIP de Barrantes, CEIP Pintor A. Fernández e CEP Pedro Caselles Beltrán
Zona de Tui-Salceda: EDM Salceda, CEIP Nº 1, CEIP Nº2, CEIP de Radufe e Colexio Maristas.
As xornadas de concentración realizaranse en pavillóns que contan con número suficiente de pistas para poder axilizar: Tomiño (A Carballa e Goián), Salceda e Randufe.
Para inscribir aos participantes en cada categoría non tedes límite de participantes. En función dos mesmos se realizarán os cadros de agrupamento.
Na xornada de competición teredes que traer as raquetas dos vosos xogadores. Os alumnos, de ser posible, xogarán co uniforme do colexio, en todo caso con roupa deportiva e calzado axeitado para o pavillón.
As xornadas de competición se celebrarán durante a tarde (aproximadamente entre 16:00 h e 19:00 h).
O regulamento de competición podedes velo a continuación.
Normas da competición de bádminton
A competición de bádminton realizarase a partidos individuais co regulamento xeral deste deporte da Federación, e as particularidades seguintes:
Os partidos xogaranse soamente na modalidade individual.
Categorías:
| Benxamín Feminino | 2001 e 2002 |
| Benxamín Masculino | 2001 e 2002 |
| Alevín Feminino | 2000 e 1999 |
| Alevín Masculino | 2000 e 1999 |
| Infantil Feminino | 1998 e 1997 |
| Infantil Masculino | 1998 e 1997 |
| Cadete Feminino | 1996 e 1995 |
| Cadete Masculino | 1996 e 1995 |
Cada partido xógase a un único set de 20 puntos sen prolongación. Cando o primeiro xogador alcanza os 10 puntos, cambian de campo.
O primeiro saque sortéase entre os dous xogadores. Os demáis saques correspóndenlle ao xogador que gañou o punto.
A perda do saque suma un punto ao xogador contrario.
Modelo de inscrición para a participación:
Versión Word 2007 Versión Open Office
Acta para remitir ao Servizo de Deportes


