Calendario de balonmán para este curso:


Torneo de Nadal de Balonmán

Lembrades esta foto?


O martes 20 de decembro celebrarase o torneo de Nadal de Balonmán, que organiza o Club Balonmán Tui.

Será unha festa do balonman para tódolos escolares que practican este deporte; haberá partidos das diferentes categorías ata rematar co enfrontamento entre pais/nais do club e membros desta Agrupación.

Todos ao pavillón novo de Tui o martes pola tarde!