Xornada final de voleibol en Randufe
A xornada final de voleibol, celebrada en Randufe o 12 de maio de 2010 rematou esta actividade no presente curso, no que os alumnos disputaron dúas fantásticas xornadas con equipos de catro xogadores que que xogaron cunhas normas que se explicitaron na sección previa. Esta é unha maneira de achegar aos nosos alumnos/as ao mundo do voleibol, empregando pistas de bándminton, e con adaptación de regras para facilitar o xogo.
Nos enlaces seguintes podedes apreciar os diferentes resultados obtidos nas dúas fases desta xornada final:
I Xornada de voleibol en Tomiño
O 10 de marzo xogouse en Tomiño a I Xornada de voleibol, na que participaron 36 equipos dos colexios de Maristas, Nº 2, Nº 1, Randufe, Barrantes, Caselles e Sobrada.
A competición era para as categorías Alevín e Benxamín, e participaron na mesma 165 deportistas dos citados colexios.
Ver información na nosa sección de voleibol.
Organización da competición de voleibol
Organizaremos competición por xornadas de concentración, e xogarase segundo as normas de mini voleibol da Federación Galega de Voleibol, pero coas particularidades que citamos na sección Normas.
Será unha competición mixta en tódalas categorías (masculino/feminino), e tódolos equipos comporanse de nenos e nenas.
Cada centro presentará o número de equipos que desexe, diferenciados pola numeración, e tendo en conta que estes equipos se manterán así durante as dúas xornadas da competición (alevíns e infantís). Os equipos terán un mínimo de catro xogadores e un máximo de 7.
Segundo o número de equipos, elaborarase un cadro de partidos no que se buscará o maior número posible de enfrontamentos.

