Competición zonal de bádminton
Badminton Baixo Miño from Ceppedro Caselles on Vimeo.
Días 25 e 26 de xaneiro
Os días 25 e 26 de xaneiro comezou a competición zonal de bádminton do noso ámbito. Estas dúas xornadas corresponderon as dúas subzonas nas que tivemos que dividirnos polo éxito de participación que imos tendo nestes últimos anos.
Comenzou a competición coa categoría Alevín masculino e feminino nos pavillóns de Randufe e Tomiño. Nestas primeiras xornadas os participantes competiron en grupos reducidos (6-7 xogadores) nunha liga interna, xogando cada un arredor de catro partidos.
Na seguinte xornada completarase esta primeira fase e xogarán unha segunda que irá ordeando aos participantes segundo nivel de resultados. Esta segunda xornada celebrarase os días 22 e 23 de febreiro nas mesmas instalacións-
Paralelamente, para as demáis categorías, benxamíns, infantís e cadetes, as xornadas 1ª e 2ª serán respectivamente, os días 8-9 de febreiro e 1-2 de marzo.
E por fin, haberá unha xornada final na que se agruparán as dúas zonas cos mellores de cada unha para xogar a final zonal en tódalas categorías. Esta xornada será o 16 de marzo, prevista en principio para celebrar no pavillón de Goián.
Podes ver unha galería de fotos aquí da xornada de Tomiño
