
CAMPO A TRAVÉS DE GULÁNS
A mañá do día 30 permitiu unha espléndida xornada de campo a través, na que máis de 600 atletas de toda a provincia competiron no renovado parque de A Visoureira, onda tantas probas se teñen celebrado xa anos atrás.
Aquí podedes ver o resultado das carreiras.
Para o campionato galego, clasificáronse da nosa zona, en Benxamín Feminino, unha atleta de Atletismo Porriño, en Benxamín Masculino, non haberá representación; Alevín Feminino, clasificou tamén unha atleta de Atletismo Porriño, e na modalidade masculina, 1 atleta do CEIP Nº 2 e outro do CPI Suárez Marquier; na categoría Infantil Feminino, Atletismo Porriño levará tamén unha representante, mentres que en Infantil Masculino, seran Suárez Marquier e Pedro Caselles os que aporten dous atletas da nosa zona. Nas categorías Cadete Feminino non haberá representación da nosa zona, e en Masculino, gañou a praza un atleta de Colexio Marista e o equipo do CPI Suárez Marquier. Noraboa a todos eles e moito ánimo para a próxima proba!
Se non ves, pulsa aquí: vídeo
CAMPO A TRAVÉS DE A GUARDA


Montaxe enviada por Enrique, o Coordinador do Servizo Provincial (Moitas grazas!!) Podes descargala nun tamaño grande facendo clic aquí.
Ás 10:40 horas comezou a primeira das carreiras, Benxamín Feminino; e logo foron sucedendo tódalas demáis, cunha destacada participación nas carreiras de Benxamín Masculino, Alevín Feminino e Masculino (esta última con máis de 90 atletas) e tamén Infantil Feminino e Masculino. Na categoría de cadete tivemos 23 participantes, unha cifra que superou notablemente a tradicional participación outros anos.
En Benxamin Feminino, Inés Portela, do Club Atletismo Porriño, foi a destacada gañadora, seguida de Carla Vicente (CEIP Nº1) e Lorena Castro (Randufe)
Na proba de Benxamín Masculino, o gañador foi Iago López, do Colexio Maristas, e os seus seguidores, Cristian Martínez (Nº 2) e Iago Alvarez (S.Marquier).
En Alevín Feminino, Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) gañou novamente, e foi seguida de Ana Mª Davila (Caselles) e Alejandra Fernández (S.Marquer).
Na proba maculina o gañador foi Iván Carnero, do Nº 2, seguido de Damián Martínez (S.Marquier) e Aarón Gil, da ANPA do CEIP de Crecente.
Xa na categoría Infantil, na súa proba feminina, Uxía Pérez, do Club Atletismo Porriño, foi a primeira en chegar a meta, seguida das dúas atletas o S.Marquier, Sara Rodríguez e Sofía Rodríguez.
Na proba masculina, o gañador foi Fernando Martínez, do Pedro Caselles, e seguírono Javier Costas de S.Marquier e Héctor Álvarez, de Sobrada.
En Cadete Feminino, Marián Giménez, de Atletismo Porriño, gañou a proba, e quedaron segunda e terceira Paula Ramos e Cristina Martínez, do Colexio Maristas.
Nos Cadetes Masculinos, Juan Carlos Areal, do Suárez Marquier, foi o brillante gañador, seguido de Roi Rodríguez, do Atletismo Porriño e o atleta local Manuel González (IES A Sangriña).
Clasificacións:
Benxamín Feminino Benxamín Masculino Alevín Feminino Alevín Masculino
Infantil Feminino Infantil Masculino Cadete Feminino Cadete Masculino
Nota: A proba provincial celebrarase en Guláns (Ponteareas) o vindeiro 30 de xaneiro. Están clasificados os dous primeiros equipos en cada categoría, máis os atletas clasificados ata o oitavo lugar e que non formen parte deses equipos.
Crónica da xornada en imaxes
6:30 h. Moitos bocatas que facer!
| 8:30 h. Onde irá este tubo?
|
10:00 h. Últimos preparativos
| 10:15 h. Hai que coidar tódolos detalles
|
10:25 h. Na Secretaría, todo a punto | 10:40 h. Comeza a primeira carreira
|
10:55 h. A estratexia tamén é importante | 11:15 h. As Alevíns en acción!
|
11:35 horas. Xa van varias carreiras.
| 13:30 horas. E por fin, os premios. Fenomenal!
|
Galería fotográfica
INFORMACIÓN PREVIA DA CARREIRA
Este camping atópase nun contorno natural privilexiado, no esteiro do Miño, dentro da REDE NATURA, e a ocasión pode ser propicia para realizar unha visita aos observatorios de aves intalados no lugar. Vide preparados!
Transporte: temos realizada xa a petición de transporte, e precisaremos 9 buses para traer a tódolos participantes. Os interesados podedes comprobar neste documento a lista, por se hai algún erro.
Descarga o formulario de inscrición: Versión Excel Versión Word
O prazo para inscribir aos participantes rematará o mércores, 25 de novembro.
Plano xeral das instalacións (fai clic na imaxe)
Percorridos por categorías (animación Flash)
Benxamin Feminino e Masculino | Alevín Feminino | Alevín Masculino-Infantil Feminino |
Infantil Masculino-Cadete Feminino | Cadete Masculino |
Indicacións sobre a proba:
INSCRICIÓN: Para inscribirse, deberedes remitirnos cubertos os impresos en modelo que vos adxuntamos, ata o mércores, 25 de novembro. A folla de inscrición ven en dous formatos: documento de Word ou libro de Excel, a escoller (preferimos Excel). Podedes facernos chegar esas inscricións por correo electrónico, por fax ou entregándoas persoalmente, pero agradecemos que o fagades a través do e-mail, xa que é o máis operativo para que nós poidamos procesar a información. Os dorsais os asignaremos desde a organización, e se entregarán aos delegados na Secretaría o día da proba. Os dorsais son autoadhesivos, e levarán impreso o nome e categoría de cada participante. Non entregaremos imperdibles desde a organización.
PARTICIPANTES: Podedes presentar o número de participantes que queirades nas distintas categorías, segundo a convocatoria oficial, pero tendo en conta:
FTódolos alumnos que apuntedes deberán estar inscritos na aplicación informática da páxina de www.deporteescolargalego.org. Isto é necesario para asegurar a súa cobertura de seguro deportivo. .
F Cada equipo presentará un número ilimitado de atletas por categoría, en equipo único. A efectos de clasificación para o provincial, considerarase a puntuación obtida dos catro primeiros, e se hai posibilidade de clasificar dous equipos, se tomarán para o segundo os resultados dos atletas 7º a 10º, xa que cada equipo consta de 6 atletas.
TRANSPORTE: Para o transporte deberedes coordinarvos connosco nos nosos teléfonos (650 602 161/ 686 075 772) Convén coñecer con certeza as prazas de autobús que precisa cada quen, como máis tardar, o martes, día 24.
CIRCUITO: A ubicación do mesmo é no recinto do Camping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda) e para acceder ata o lugar, está colgada na web a ubicación con Google Maps. Neste sitio colgaremos próximamente os distintos percorridos por categorías.
HORARIOS: As probas darán comezo ás 10:30 horas, coa carreira de BF, para seguir con BM, AF, AM, IF, IM, CF e CM. A partires das 9:30 horas, entregarase a documentación aos equipos (dorsais, plano, etc) Será este o momento de facer as oportunas modificacións nas inscricións que se enviaran previamente.
PREMIOS: Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados por categoría (agás en caso de baixa participación), e trofeos para os 3 equipos primeiros clasificados por categoría.
AVITUALLAMENTO: Os atletas disporán ao final da súa carreira dunha botella de auga, un bocadillo e un producto lácteo.
RECOMENDACIÓNS: Por tratarse dun lugar de especial sensibilidade medioambiental, adoptaranse algunhas medidas ao respecto: os buses achegarán aos participantes ata as inmediacións, e logo se retirarán para aparcar a unha distancia necesaria. Se acudides en vehículos particulares, teredes que comprender e respectar as indicacións sobre aparcamento que se vos fagan dende os servicios de organización (policía municipal, protección civil...).
Os atletas deben traer roupa e sobre todo calzado para cambiarse despois da carreira: nas categorías inferiores estarían moito tempo co calzado mollado, se non o fixeran.
Podedes aproveitar a ocasión para visitar cos vosos alumnos/as o esteiro, e utilizando algún observatorio de aves que hai na zona, disfrutar deste fermoso espazo, nunha época do ano na que son moitas as aves que están aquí invernando.
DÚBIDAS: Para calquera consulta sobre a proba, podedes poñervos en contacto connosco no teléfono 650 602 161/ 686 075 772 ou a través do correo electrónico agrudebam@gmail.com,
Horario da xornada:
8:30 Apertura das instalacións
9:30 Apertura da Secretaría para entrega da documentación
10:15 Remate do prazo para modificacións nos inscritos
10:30 Proba de Benxamín Feminino
10:45 Proba de Benxamín Masculino
11:00 Proba de Alevín Feminino
11:15 Proba de Alevín Masculino
11:35 Proba de Infantil Feminino
11:55 Proba de Infatil Masculino
12:15 Proba de Cadete Feminino
12:40 Proba de Cadete Masculino
13:00 Remate das probas
13:15 Entrega de premios
13:45 Remate da xornada
Como chegar:
A mañá do día 30 permitiu unha espléndida xornada de campo a través, na que máis de 600 atletas de toda a provincia competiron no renovado parque de A Visoureira, onda tantas probas se teñen celebrado xa anos atrás.
Xa podes descargar aquí o listado oficial cos resultados. Mentres tanto, podedes disfrutar con este pequeno vídeo da carreira.















