Nesta sección incluiremos documentación, impresos, etc que teñan que ver coa xestión administrativa do deporte escolar.

Formulario para solicitar desprazamentos en vehículo particular.

En ocasións temos que desprazarnos a unha competición das que organiza a Dirección Xeral para o Deporte, e polo número de alumnos participantes ou por outra circunstancia, renunciamos ao transporte en autocar para desprazar aos alumnos en vehiculo particular.

Para facer isto e percibir unha compensación económica, precisades cubrir un impreso de solicitude e remitirllo ao servizo de deportes antes da celebración desa competición.