Aquí iremos introducindo contidos que estiveron noutras páxinas e que por necesdidade de espacio e por caducidade trasladamos a este lugar (non trasladamos todo, pero sí as cousas que consideramos máis relevantes).


Campionato provincial escolar de campo a través en Portas

Fantástica xornada de campo a través a que se viviu o sábado 19 de febreiro en Portas.  Cunha participación numerosa poidemos disfrutar dunhas carreiras emocionantes nun entorno presidido pola grande cheminea da azucareira.


Temos aquí os resultados finais. Descárgaos pinchando no enlace:   resultados

Lembrade que a final galega celebrarase en Ourense o día 12

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Campo a través escolar de "A Macoca", a estrea dun novo club deportivo en Tui

Despois de moitos anos xa, volveu a Tui a organización da proba de campo a través escolar. E coincide co nacemento dun club de atletismo que botou a andar hai escasos meses nestas mesmas instalacións de Pazos de Reis que acolleron esta carreira.

Pouco despois das 10:30 horas deu comezo a primeira carreira, benxamín feminino, na que triunfaron claramente as atletas do novo Club Atletismo Tui, o que demostrou as intencións declaradas polo seu presidente,  Rafa,  na rolda de prensa ("queremos comezar formando unha boa base"). A gañadora,  Lucía Portela, foi seguida por Paula González, ámbalas dúas do Club Atletismo Tui, e por Silvia Arroyo, do CEIP Nº 1. Nesta proba participaron 55 corredoras.

En Benxamín Masculino o gañador foi Yago López, de Atletismo Porriño, con Mihai-Catalin Martinescu do CEIP Nº 2 e Iago Alvarez do Suárez Marquier detrás,  co resto de corredores detrás ata completar os 61 que acabarron a  carreira

Na Categoría Alevín Feminino a gañadora foi Ana María Davila, do Caselles, e seguida por Inés Portela e Antía Fernández dos clubes de atletismo de Tui e Porriño, respectivamente. Participaron unha cifra record na categoría de 77 atletas

Os alevíns masculinos cederon o ouro a Nahom Alvarez, de Goián, e foi seguido por Martín Vázquez, do club local, e David Burgos, do Pedro Caselles. Aquí remataron un total de 82 atletas.

Xa na categoría Infantil Feminino,  a imbatible Iria Rodríguez, de At. Porriño poido contemplar xa relaxada como chegaban a meta para conformarse coa plata e o bronce Eva Piñel e Sara Rodríguez, do Suárez Marquier. Foron 35 corredoras as que remataron esta carreira.

En Infantil Masculino o dominador da carreira foi Héctor Álvarez, do At Porriño, que foi seguido por Javier Costas, do Suárez Marquier e Bryan Filgueiras do At. Tui. Completaron a carreira 55 atletas.

Xa na categoría de Cadete Feminino a gañadora foi Sofía Rodríguez, do Suárez Marquier, seguida de Uxía Pérez e Uxía Sequeiros, do Club At. Tui,  cun total de 12 participantes.

En cadetes masculino, o gañador da carreira foi Keven Wonderson Silva, do Suárez Marquier, seguido de Carlos Vidal do At. Porriño, e Brais Gómez, do Francisco Sánchez.  Nesta proba participaron 10 atletas.

Clasificacións (formato Excel)

Para descargalas como PDF:

Benxamin Feminino   Benxamin Masculino    Alevín Feminino  Alevín Masculino  Infantil Feminino  Infantil Masculino   Cadete Feminino   Cadete Masculino

Presentación de diapositivas da proba. Podes descargar as fotos dende o noso album web de Picasa

 

O día 27 celebrarase a proba zonal de campo a través promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos seu programa "Xogade" e que esta Agrupación se encarga de organizar.
Nesta ocasión será en Tui, nas instalación deportivas que a Entidade Local Menor de Pazos de Reis disfruta no lugar de A Macoca. Poderán participar nesta proba alumnos e alumnas de centros escolares ou de clubes que correspondan ás categorías dende Benxamín ata Cadete, nas condicións e segundo establece a normativa  do citado programa Xogade

Inscricións As inscricións poderedes remitilas con data límite do  mércores, 24, ao enderezo electrónico de abaixo ou se queredes entregalas por outros medios contactade telefónicamente.

inscribir@agrudebam.es   

Podedes usar un formulario Excel ou Word,  van aquí os dous modelos. Nós preferimos o primeiro, xa que nos facilita o traslado á nosa base de datos.

                                                

Lembrade que os participantes que inscribades teñen que estar mutualizados antes da celebración da proba.

Circuitos :  Realizaremos a concentración dentro do recinto do campo de fútbol e pista de atletismo. Haberá dúas saídas diferentes, segundo categoría, e as carreiras discurrirán por un circuito interno e tres tramos externos: un perímetro exterior do recinto, un tramo pola cara Leste e outro pola Sur. Con combinacións dos trazados confeccionamos os distintos percorridos, que podedes xa coñecer nas animacións seguintes.        

 Benxamín Feminino e Masculino 

Alevín Feminino

 

 Alevín Masculino- Infantil Feminino

 Infantil Masculino- Cadete Feminino

 Cadete Masculino

Podes descargar un plano  imprimible clicando  nas dúas

 imaxes (arquivos JPG)  ou tamén en formato PDF aquí

  


PARTICIPANTES:       Podedes presentar o número de participantes que queirades nas distintas categorías, segundo a convocatoria oficial, pero tendo en conta:
Tódolos alumnos que apuntedes deberán estar inscritos na aplicación informática da páxina de www.deporteescolargalego.org. Isto é necesario para asegurar a súa cobertura de seguro deportivo.                  .  

Cada equipo presentará un número ilimitado de atletas por categoría, en equipo único. A efectos de clasificación para o provincial, considerarase a puntuación obtida dos catro primeiros,  e se hai posibilidade de clasificar dous equipos, se tomarán para o segundo os resultados dos atletas 7º a 10º,  xa que cada equipo consta de 6 atletas.

Transporte: Debedes contactar connosco como máis tarde o luns, 22 para poder definir os transportes necesarios.

Para o transporte debedes coordinarvos connosco nos teléfonos 650602161 - 677777285.  Convén coñecer con certeza as prazas de autobus que precisa cada quen, como máis tardar, o martes día 23

HORARIOS: 

                                8:30     Apertura das instalacións
                                9:30     Apertura da Secretaría para entrega da documentación
                              10:15     Remate do prazo para modificacións nos inscritos
                              10:30     Proba de Benxamín Feminino
                              10:45     Proba de Benxamín Masculino
                              11:00     Proba de Alevín Feminino
                              11:15     Proba de Alevín Masculino
                              11:35     Proba de Infantil Feminino
                              11:55     Proba de Infatil Masculino
                              12:15     Proba de Cadete Feminino
                              12:40     Proba de Cadete Masculino
                              13:00     Remate das probas
                              13:15     Entrega de premios
                              13:45     Remate da xornada

Premiosmedallas para os 10 primeiros clasificados en cada categoría (agás baixa participación), e trofeos para os tres primeiros equipos.

Avituallamento:  Os atletas participantes recibirán unha bolsa con bocadillo, auga e lácteo

Outras:  haberá  mesas de tenis de mesa, redes de voleibol e bádminton, xogos de mesa, etc. para ter ocupados aos participantes e asistentes logo das carreiras.

Acceso:

Dende a saída 171 da A-55 cara Tui, podedes seguir esta ruta que marcamos no mapa:  hai que coller a estrada de subida ao monte Aloia, e a menos de 2 Km chegaredes ao lugar.

Curso 2009 -10 

C-10

CAMPO A TRAVÉS DE GULÁNS

 A mañá do día 30 permitiu unha espléndida xornada de campo a través, na que máis de 600 atletas de toda a provincia competiron no renovado parque de A Visoureira, onda tantas probas se teñen celebrado xa anos atrás.
Aquí podedes ver o resultado das carreiras.

Para o campionato galego, clasificáronse da nosa zona, en Benxamín Feminino, unha atleta de Atletismo Porriño, en Benxamín Masculino, non haberá representación; Alevín Feminino, clasificou tamén unha atleta de Atletismo Porriño, e na modalidade masculina, 1 atleta do CEIP Nº 2 e outro do CPI Suárez Marquier; na categoría Infantil Feminino,  Atletismo Porriño levará tamén unha representante, mentres que en Infantil Masculino, seran Suárez Marquier e Pedro Caselles os que aporten dous atletas da nosa zona. Nas categorías Cadete Feminino non haberá representación da nosa zona, e en Masculino, gañou a praza un atleta de Colexio Marista e o equipo do CPI Suárez Marquier. Noraboa a todos eles e moito ánimo para a próxima proba!

Se non ves, pulsa aquí: vídeo



CAMPO A TRAVÉS DE A GUARDA


Montaxe enviada por Enrique, o Coordinador do Servizo Provincial (Moitas grazas!!) Podes descargala nun tamaño grande facendo clic  aquí.

Ás 10:40 horas comezou a primeira das carreiras, Benxamín Feminino; e logo foron sucedendo tódalas demáis,  cunha destacada participación nas carreiras de Benxamín Masculino, Alevín Feminino e Masculino (esta última con  máis de 90 atletas) e tamén Infantil Feminino e Masculino. Na categoría de cadete tivemos 23 participantes,  unha cifra que superou notablemente a tradicional participación outros anos.

En Benxamin Feminino, Inés Portela, do Club Atletismo Porriño,  foi a destacada gañadora, seguida de Carla Vicente (CEIP Nº1) e Lorena Castro (Randufe)

Na proba de Benxamín Masculino, o gañador foi Iago López, do Colexio Maristas, e os seus seguidores, Cristian Martínez (Nº 2) e Iago Alvarez (S.Marquier).

En Alevín Feminino, Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) gañou novamente, e foi seguida de Ana Mª Davila (Caselles) e Alejandra Fernández (S.Marquer).
Na proba maculina o gañador foi Iván Carnero, do Nº 2, seguido de Damián Martínez (S.Marquier) e Aarón Gil, da ANPA do CEIP de Crecente.

Xa na categoría Infantil, na súa proba feminina, Uxía Pérez, do Club Atletismo Porriño, foi a primeira en chegar a meta, seguida das dúas atletas o S.Marquier, Sara Rodríguez e Sofía Rodríguez.
Na proba masculina, o gañador foi Fernando Martínez, do Pedro Caselles, e seguírono Javier Costas de S.Marquier e Héctor Álvarez, de Sobrada.

En Cadete Feminino, Marián Giménez, de Atletismo Porriño, gañou a proba, e quedaron segunda e terceira Paula Ramos e Cristina Martínez, do Colexio Maristas.
Nos Cadetes Masculinos, Juan Carlos Areal, do Suárez Marquier, foi o brillante gañador, seguido de Roi Rodríguez, do Atletismo Porriño e o atleta local Manuel González (IES A Sangriña).

Clasificacións:

 Benxamín Feminino   Benxamín Masculino   Alevín Feminino  Alevín Masculino 

Infantil Feminino  Infantil Masculino  Cadete Feminino  Cadete Masculino

Clasificación por equipos

Nota:   A proba provincial celebrarase en Guláns (Ponteareas) o vindeiro 30 de xaneiro.   Están clasificados os dous primeiros equipos en cada categoría, máis os atletas clasificados ata o oitavo lugar e que non formen parte deses equipos.

Crónica da xornada en imaxes

6:30 h. Moitos bocatas que facer!

8:30 h.   Onde irá este tubo? 

10:00 h. Últimos preparativos

 

10:15 h. Hai que coidar tódolos detalles

 

10:25 h. Na Secretaría, todo a punto

 

10:40 h.  Comeza a primeira carreira

 

10:55 h. A estratexia tamén é importante

 

11:15 h. As Alevíns en acción!

 

11:35 horas. Xa  van varias carreiras.

13:30 horas.  E por fin, os premios. Fenomenal!

 

  

Galería fotográfica

De campo a través A Guarda

INFORMACIÓN PREVIA DA CARREIRA

Este camping atópase nun contorno natural privilexiado, no esteiro do Miño,  dentro da REDE NATURA, e a ocasión pode ser propicia para realizar unha visita aos observatorios de aves intalados no lugar. Vide preparados!

Transporte:  temos realizada xa a petición de transporte, e precisaremos 9 buses para traer a tódolos participantes.  Os interesados podedes comprobar neste documento a lista,  por se hai algún erro.

Descarga o formulario de inscrición:    Versión Excel                                 Versión Word


O prazo para inscribir aos participantes rematará o mércores, 25 de novembro.

Plano xeral das instalacións (fai clic na imaxe)

Percorridos por categorías (animación Flash)

Benxamin Feminino e Masculino

 

Alevín Feminino

Alevín Masculino-Infantil Feminino

 

Infantil Masculino-Cadete Feminino

 

Cadete Masculino

 

 Guía para imprimir


Indicacións sobre a proba: 

INSCRICIÓN:        Para inscribirse, deberedes remitirnos cubertos os impresos en modelo que vos adxuntamos, ata o mércores, 25 de novembro. A folla de inscrición ven en dous formatos:  documento de Word ou libro de Excel, a escoller (preferimos Excel).  Podedes facernos chegar esas inscricións por correo electrónico, por fax ou entregándoas persoalmente,  pero agradecemos que o fagades a través do e-mail,  xa que é o máis operativo para que nós poidamos procesar a información. Os dorsais os asignaremos desde a organización, e se entregarán aos delegados na Secretaría o día da proba. Os dorsais son autoadhesivos, e levarán impreso o nome e categoría de cada participante. Non entregaremos imperdibles desde a organización.

PARTICIPANTES:       Podedes presentar o número de participantes que queirades nas distintas categorías, segundo a convocatoria oficial, pero tendo en conta:
 
FTódolos alumnos que apuntedes deberán estar inscritos na aplicación informática da páxina de www.deporteescolargalego.org. Isto é necesario para asegurar a súa cobertura de seguro deportivo.                 
F Cada equipo presentará un número ilimitado de atletas por categoría, en equipo único. A efectos de clasificación para o provincial, considerarase a puntuación obtida dos catro primeiros,  e se hai posibilidade de clasificar dous equipos, se tomarán para o segundo os resultados dos atletas 7º a 10º,  xa que cada equipo consta de 6 atletas.

TRANSPORTE:       Para o transporte deberedes coordinarvos connosco nos nosos teléfonos (650 602 161/ 686 075 772) Convén coñecer con certeza as prazas de autobús que precisa cada quen, como máis tardar, o martes, día 24.

CIRCUITO:       A ubicación do mesmo é no recinto do Camping Santa Tecla, en Salcidos (A Guarda) e para acceder ata o lugar, está colgada na web a ubicación con Google Maps.  Neste sitio colgaremos próximamente os distintos percorridos por categorías.

HORARIOS:       As probas darán comezo ás 10:30 horas,  coa carreira de BF, para seguir con BM, AF, AM, IF, IM, CF e CM. A partires das 9:30 horas, entregarase  a documentación aos equipos (dorsais, plano, etc) Será este o momento de facer as oportunas modificacións  nas inscricións que se enviaran previamente.

PREMIOS:        Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados por categoría (agás en caso de baixa participación), e trofeos para os 3 equipos primeiros clasificados por categoría.

AVITUALLAMENTO:        Os atletas disporán ao final da súa carreira dunha botella de auga, un bocadillo e  un producto lácteo.

RECOMENDACIÓNS:       Por tratarse dun lugar de especial sensibilidade medioambiental, adoptaranse algunhas medidas ao respecto: os buses achegarán aos participantes ata as inmediacións, e logo se retirarán para aparcar a unha distancia necesaria. Se acudides en vehículos particulares, teredes que comprender e respectar as indicacións sobre aparcamento que se vos fagan dende os servicios de organización (policía municipal, protección civil...).
Os atletas deben traer roupa e sobre todo calzado para cambiarse despois da carreira: nas categorías inferiores estarían moito tempo co calzado mollado, se non o fixeran.
Podedes aproveitar a ocasión para visitar cos vosos alumnos/as o esteiro, e utilizando algún observatorio de aves que hai na zona, disfrutar deste fermoso espazo, nunha época do ano na que son moitas as aves que están aquí invernando.

DÚBIDAS:      Para calquera consulta sobre a proba, podedes poñervos en contacto connosco no teléfono 650 602 161/ 686 075 772 ou a través do correo electrónico agrudebam@gmail.com,

 

Horario da xornada:

8:30       Apertura das instalacións
9:30       Apertura da Secretaría para entrega da documentación
10:15     Remate do prazo para modificacións nos inscritos
10:30     Proba de Benxamín Feminino
10:45     Proba de Benxamín Masculino
11:00     Proba de Alevín Feminino
11:15     Proba de Alevín Masculino
11:35     Proba de Infantil Feminino
11:55     Proba de Infatil Masculino
12:15     Proba de Cadete Feminino
12:40     Proba de Cadete Masculino
13:00     Remate das probas
13:15     Entrega de premios
13:45     Remate da xornada

Como chegar:

Visualizar o mapa ampliado

A mañá do día 30 permitiu unha espléndida xornada de campo a través, na que máis de 600 atletas de toda a provincia competiron no renovado parque de A Visoureira, onda tantas probas se teñen celebrado xa anos atrás.
Xa podes descargar aquí o listado oficial cos resultados. Mentres tanto, podedes disfrutar con este pequeno
vídeo da carreira.

 Benxamín Feminino e Masculino

 Alevín Feminino

 Alevín Masculino - Infantil Feminino

 Infantil Masculino- Cadete Feminino

Cadete Masculino 

 


 Benxamín Feminino e Masculino

 Alevín Feminino

 Alevín Masculino- Infantil Feminino

 Infantil Masculino- Cadete Feminino

 Cadete Masculino

 Plano xeral do circuito


 



CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE BÁDMINTON

Galería de fotos

O pavillón municipal de As Neves foi sede esta fin de semana (10 e 11 de marzo) do Campionato Provincial Escolar de Bádminton da provincia de Pontevedra, organziado polo Servicio Provincial de Deportes de Pontevedra,  o CB As Neves e a Federación Galega de Bádminton,  e que contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte  e a colaboración do Concello de As Neves.
Unha fin de semana intensa e vibrante, con 350 deportistas de toda a provincia, que deleitaron ao público asistente.
Nos resultados finais das competicións dominaron os clubes de A Estrada, e tamén hai que destacar a "potencia" crecente que representa Vigo.
Da nosa zona temos que destacar o brillante resultado dos representantes do CEP Pedro Caselles, que conseguiron por equipos o terceiro posto na categoría Alevín Mixto e un segundo posto na categoría Infantil Feminino. Estas últimas gañaron a praza para disputar o campionato galego, que se celebrará en Baiona os vindeiros días 8 e 9 de maio.

O cadro de honra final do campionato quedou así:

Categoría Benjamín:

Equipos Mixtos:

1.- Club Bádminton As Neves – As Neves

2.- Club Bádminton Rachaplumas – Vigo

3.- CEIP Pérez Viondi – A Estrada

Individual Masculino:

1.- Asiel Rodríguez – CEIP Pérez Viondi da Estrada

2.- Nicolás Luna – CEIP Pérez Viondi da Estrada

3.- Sergio García – CB As Neves das Neves

4.- Omar Vila – CB Rachaplumas de Vigo

Individual Femenino:

1.- María Alvarez – CB As Neves das Neves

2.- Marta Sanmartin – CEIP Pérez Viondi da Estrada

3.- Ana Belén Salgueiro – EDM Vigo de Vigo

4.- Ana Carbón – CEIP Pérez Viondi da Estrada

Categoría Alevin:

Equipos Masculino:

1.- CEIP de Figueiroa – A Estrada

2.- CEIP Pérez Viondi – A Estrada

3.- CEP Pedro Caselles Beltrán – Tomiño

Equipos Femenino:

1.- CEIP Pérez Viondi – A Estrada

2.- CEIP de Figueiroa – A Estrada

3.- Club Angel de la Guarda – Nigrán

Individual Masculino:

1.- Rubén González – CEIP Pérez Viondi da Estrada

2.- Marcos Rosende – CEIP de Figueiroa da Estrada

3.- Daniel López – CEIP Pérez Viondi da Estrada

4.- Martín Fernández – CEIP Figueiroa da Estrada

Individual Femenino:

1.- Eva Murio – CB Rachaplumas de Vigo

2.- Clara Forte – CB Los Sauces de Pontevedra

3.- Yabsera _Ortega – CB A Estrada da Estrada

4.- Mª Angeles Miera – CB As Neves das Neves.

Domingo:

Categoría Infantil:

Equipos Masculino:

1.- Club Bádminton A Estrada – A Estrada

2.- Club Bádminton Rachaplumas – Vigo

3.- Club Bádminton As Neves – As Neves

Equipos Femenino:

1.- Club Bádminton Rachaplumas – Vigo

2.- CEP Pedro Caselles Beltrán – Tomiño

3.- Club Bádminton As Neves – As Neves

Individual Masculino:

1.- Xoel Liñares – CB A Estrada da Estrada

2.- Alejandro Nogueira – CB A Estrada da Estrada

3.- Fabian Penas – CB A Estrada da Estrada

4.- Manuel Brea – CB A Estrada da Estrada

Individual Femenino:

1.- Olinda Pardo – CB A Estrada da Estrada

2.- María Alonso – CB As Neves das Neves

3.- Carla Mouriño – CB Rachaplumas de Vigo

4.- Laura Rosende – CB A Estrada da Estrada

Categoría Cadete:

Equipos Masculino:

1.- Club Bádminton A Estrada – A Estrada

2.- Club Bádminton As Neves – As Neves

3.- Colegio Martín Codas - Vigo

quipos Femenino:

1.- Club Bádminton A Estrada – A Estrada

2.- Club Bádminton Rachaplumas - Vigo

3.- IES de Teis - Vigo

Individual Masculino:

1.- Javier González – CB Los Sauces de Pontevedra

2.- José Manuel Padin – CB A Estrada da Estrada

3.- Brais Alvés – CB As Neves das Neves

4.- José Manuel Pintos – CB As Neves das Neves

Individual Femenino:

.- Ana Reino – CB A Estrada da Estrada

2.- Nerea Gestoso – CB A Estrada da Estrada

3.- Julia Pérez – CB As Neves das Neves

4.- Ana Tablado – CB Rachaplumas de Vigo.

XORNADA DE BÁDMINTON BENXAMÍN O 17/3

Ao pavillón de Randufe acudiron 135 xogadores da categoría Benxamín, o que supuxo organizar a competición en grupos de 4/5 xogadores/as, que compartían pista con outros dous grupos. Cada xogador tería que xogar 3 ou catro partidos, cousa que resultou imposible pola disponibilidade horaria.

A xornada terá que continuarse noutra data, quedando a expensas da autorización do Servicio de Deportes, e temos tamén pendente a competición na categoría Infantil e Cadete.

Esta situación que vivimos de tanta participación obligará a zonificar a primeira fase nas próximas ocasións. Temos que felicitarnos polo éxito que está a ter este deporte de raqueta entre os nosos e as nosas escolares.

Celebrada xa a primeira xornada (doble) na categoría Alevín

Os días 3 e 4 de febreiro celebráronse as duas primeiras xornadas do calendario de bádminton.
O mércores, 3 realizouse a concentración na categoría de Alevíns (98 e 99) no pavillón de Tomiño, onde xogaron 65 alumnos/as dos colexios de Sobrada, Barrantes, PedroCaselles e Pintor A. Fernández. O xoves, 4, a concentración foi no pavillón de Randufe, para o CEIP Nº 1, o Nº 2, EDM Salceda, colexio Maristas e o CEIP de Randufe.
Compitiron por un novo sistema de grupos, adscritos a unha pista. Este modelo axilizou a competición, xa que cada participante coñecía a orde dos partidos do seu grupo, e por tanto, cando lle tocaba xogar. 

En Tomiño asistiron 64 nenos e nenas, que en grupos de 8, foron xogando partidos dende as 16:30 ata as 19:30.  Como novidade deste ano, ademáis do novo sistema de agrupamento,  contamos con xogadores do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián,  que se incorpora ás actividades deportivas por primeiro ano. Benvidos!

O día seguinte, en Randufe, houbo unha participación similar, tamén en 8 pistas con 8 grupos. Neste caso temos que dar a benvida aos participantes do Colexio Maristas como novos incorporados nesta modalidade deportiva.

Nas dúas xornadas a Agrupación sorteou unhas camisetas como agasallo aos participantes (gustaríanos ter recursos para poder darlle a todos, pero...). Este e o noso video resumo das xornadas:

 

Se non podes ver o video, pincha aquí

O 5 e o 6 de maio celebraremos a segunda xornada en Alevíns, na que contuarán xogando en novos grupos confeccionados en función dos resultados obtidos nesta xornada. Pero antes, o 18 de marzo, celebraremos a primeira xornada para as categorías Bexamín, Infantil e Cadete.

Campionato provincial de Campo a Través

Celebrouse a proba provincial en Chandebrito, o pasado sábado, 7 de febreiro. Resultados e clasificados próximamente.

Resultados das carreiras

Arquivos previos da carreira:

Regulamento   Guía detallada para o acceso    Guia resumida    Plano do circuito   Folla de inscrición



Lembrade que teredes que inscribir aos vosos atletas/equipos antes do 3 de febreiro

Celebrada a proba de campo a través de Tomiño

O día estivo moi chuvioso, e o circuito resultou algo máis difícil do previsto para os atletas.

O pasado sábado, 13 de decembro, celebrouse a proba de competición deportiva en idade escolar de Campo a Través.

Foi unha mañá moi chuviosa na que os deportistas tiveron que realizar un esforzo suplementario para correr por un terreo que estaba máis difícil por esta circunstancia. O circuito transcurría por camiños forestais, cunha rampa de saída algo enlamada pola choiva

Pese a todo, houbo moita participación,  e transcurriron as 8 carreiras sen incidencias.

O lugar estivo moi concurrido polo número importantes de pais e nais, colaboradores, afeccionados... que presenciaron as probas.

Tódolos participantes recibiron unha bolsa con bocadillo, auga, lácteo e kiwi.  Ademáis, poideron tomar tamén unha ración de chocolate quente que sentaba moi ben nun día tan desapacible.

Desde a organización habilitamos o pavillón deportivo,  e alí estiveron disfrutando de xogos e deportes os nenos e nenas que xa participaran na carreira, ou en tanto non o facían.

A clasificación individual de cada carreira podedes descargala nos seguintes enlaces:

Benxamín Feminino 

Html:Páx 1, 2
Rtf: BF

Benxamín Masculino 

Html: Páx 1, 2, 3
Rtf: BM

Alevín Feminino 

Html: Páx 1, 2
Rtf:  AF

 Alevín Masculino

Html: Páx 1, 2, 3
Rtf:  AM

 Infantil Feminino

Html: Páx 1
Rtf: IF

Infantil Masculino 

Html: Páx 1
Rtf:  IM

 Cadete Feminino

Html: Páx 1
Rtf: CF

 Cadete Masculino

Html: Páx 1
Rtf: CM

A clasificación por equipos foi a seguinte: (En cada categoría podes descargar a relación de chegadas ordenadas por equipos)

 Benxamín Feminino

1º CPI Suarez Marquier
2º CEP Pedro Caselles
3º CEIP de Sobrada

 Benxamín Masculino

1º CEP Pedro Caselles
2º CPI Suárez Marquier
3º CEP Altamira

 Alevín Feminino

1º CA Porriño
2º CPI Suárez Marquier
3º C Maristas

 Alevín Masculino

1º CEP Pedro Caselles
2º C Maristas
3º CEIP de Sobrada

Infantil Feminino

1º CA Porriño 

Infantil Masculino 

1º C Maristas
2º CEIP Nº 2
3º CPI Suárez Marquier

 Cadete Feminino

1º IES San Paio
2º C Maristas

Cadete Masculino 

CPI Suárez Marquier
IES San Paio
C Maristas


Podedes visitar o álbum de fotos en Picasaweb.

  

Proba de campo a través de Tomiño

13 de decembro de  2008

O sábado, 13, celebraremos a única proba de campo a través que está contemplada para a nosa zona do Baixo Miño, dentro do calendario de Deporte en Idade Escolar que promove a Dirección Xeral para o Deporte, e que esta Agrupación organiza,  en colaboración co Concello de Tomiño.

Polo número de participantes, podemos considerala unha das probas máis numerosas das que se celebran en Galicia dentro desta modalidade deportiva á que acuden tanto atletas de clubes como de colexios. É por tanto unha competición aberta aos nenos e nenas que queren coñecer este deporte, que nalgúns casos os engancha e motiva para entrar neste mundo dunha forma máis decidida. 

  

Concello de Tomiño

 Concellería de Deportes

Agradecementos a   Frigolouro,  Coca-Cola,  panaderías e pastelerías de Tomiño, Comunidade de Montes de Tomiño, pais e nais da ANPA Caselles, á xente do Club Atletismo Porriño que nunca nos falla, propietarios dos montes e a todos os que dalgunha maneira nos axudan.

Aquí tedes un plano xeral das instalacións:

Indicacións sobre a proba: 

INSCRICIÓN:   Para inscribirse, deberedes remitirnos cubertos os impresos en modelo que vos adxuntamos, ata o mércores, 10 de decembro. A folla de inscrición ven en dous formatos:  documento de Word ou libro de Excel, a escoller.  Podedes facernos chegar esas inscricións por correo electrónico, por fax ou entregándoas persoalmente,  pero agradecemos que o fagades a través do e-mail,  xa que é o máis operativo para que nós poidamos procesar a información. Os dorsais os asignaremos desde a organización, e se entregarán aos delegados na Secretaría o día da proba. Os dorsais son autoadhesivos, e levarán impreso o nome e categoría de cada participante. Non entregaremos imperdibles desde a organización.

PARTICIPANTES:  Podedes presentar o número de participantes que queirades nas distintas categorías, segundo a convocatoria oficial, pero tendo en conta:
 FTódolos alumnos que apuntedes deberán estar inscritos na aplicación informática da páxina de Deporte Galego. Isto é necesario para asegurar a súa cobertura de seguro deportivo.                  . 
F Cada equipo presentará un número ilimitado de atletas por categoría, en equipo único. A efectos de clasificación para o provincial, considerarase a puntuación obtida dos catro primeiros,  e se hai posibilidade de clasificar dous equipos, se tomarán para o segundo os resultados dos atletas 7º a 10º,  xa que cada equipo consta de 6 atletas.

TRANSPORTE:   Para o transporte deberedes coordinarvos connosco nos nosos teléfonos (650 602 161/ 686 075 772) Convén coñecer con certeza os autobuses que precisa cada quen, como máis tardar, o martes, día 9.

CIRCUITO:  A ubicación do mesmo é nas inmediacións do campo de fútbol de A Carballa, en Tomiño (onde tamén está o IES) e para acceder ata o lugar, está colgada na web a ubicación con Google Maps. Envíase anexo un un croquis do recinto en formato jpg.  Na nosa páxina web colgaremos os distintos percorridos por categorías.

HORARIOS:  As probas darán comezo ás 10:30 horas,  coa carreira de BF, para seguir con BM, AF, AM, IF, IM, CF e CM. A partires das 9:30 horas, entregarase  a documentación aos equipos (dorsais, plano, etc) Será este o momento de facer as oportunas modificacións  nas inscricións que se enviaran previamente.

PREMIOS: Haberá medallas para os 10 primeiros clasificados por categoría (agás en caso de baixa partcipación), e trofeos para os equipos gañadores.

AVITUALLAMENTO: Os atletas disporán ao final da súa carreira dunha botella de auga, un bocadillo, un producto lácteo e chocolate quente.

INSTALACIÓNS: A proba levarase a cabo nun monte situado a carón do campo de fútbol, e no mesmo: tódalas probas rematarán no campo, diante da grada. No lugar da proba haberá os servicios esenciais para acoller aos participantes: vestiarios, baños,  espacios para quecemento dos atletas, operativo para urxencias médicas, zona cuberta para o caso de choiva (graderío)… O circuito discurre na parte exterior sobre terra e herba, e no tramo interior sobre céspede artificial. A comunicación dos dous tramos estará cuberta con moqueta para evitar o contacto co asfalto. E moi recomendable insistir en que os alumnos traian calzado para despois da carreira.
Estará tamén á disiposición dos atletas participantes o pavillón deportivo municipal, no que a súa pista estará habilitada para a práctica de diferentes deportes e xogos (deben entrar con calzado limpo).

                    Os vestiarios: Están na zona de Secretaría, polo que se recomenda que os utilicen para cambiarse, pero que non deixen as bolsas alí, xa que haberá moitos participantes. A mellor zona de concentración son os graderíos, xa que están cubertos da choiva e resgardados do frío.

DÚBIDAS: Para calquera consulta sobre a proba, podedes poñervos en contacto connosco no teléfono 650 602 161/ 686 075 772 ou a través do correo electrónico agrudebam@gmail.com,

Horario da xornada:

 Apertura da Secretaría para entrega de documentación

 9:30
 Fin do prazo para modificar inscricións (agás retraso nos transportes) 10:15
 Carreira de Benxamin Feminino 10:30
 Carreira de Benxamín Masculino 10:45
 Carreira de Alevín Feminino 11:00
 Carreira de Alevín Masculino 11:15
 Carreira de Infantil Feminino 11:35
 Carreira de Infantil Masculino 11:55
 Carreira de Cadete Feminino 12:15
 Carreira de Cadete Masculino 12:40
 Fin das carreiras 13:00
 Entrega de trofeos,  medallas e agasallos 13:15
 Remate da xornada 13:45

Percorridos:

Para ver animacións, precisades ter instalado  Flash Player (seguro que xa o tedes). Por se o precisades, vai o enlace:      

Nos percorridos, poderedes observar que na carreira de AM, Infantil e CF fan o zig-zag no sentido contrario  a CM

Foto 

Animación

Foto 

Animación

Foto 

Animación

Foto 

Animación

 Benxamíns e Alevín Feminino

 Alevín Masculino e Infantil Feminino

 Infantil Masculino e Cadete Feminino

Cadete Masculino                   

Formularios de inscrición:

Documento de Word                                Táboa de Excel

Xornada de atletismo en pavillón, natación e ciclismo en Tui (3 de abril de 2009)

O venres 3 de abril celebrouse a primeira xornada deste curso entre os colexios de Barrantes, Sobrada, Caselles (Tomiño) Rebordans, Randufe, Guillarei, Nº 1 e Nº 2 (Tui). O pavillón I de Tui estivo ateigado de público (Bravo polos colexios Nº 1 e Nº 2!).

Tal como estaba contemplado no organigrama, a primeira proba que se celebrou foi a carreira de 10 x 10, na que os participantes tiñan que percorrer 10 veces unha distancia de 10 metros entre dous conos. Nesta proba é máis importante a velocidade de xiro que a velocidade punta (non é preciso ser un Ferrari para gañar). O colexio de Sobrada na cat. A foi quen gañou, e na cat B, o Pedro Caselles.

Seguidamente viu a proba de saltos laterais: en vinte segundos hai que realizar o maior número de saltos laterais cos pes xuntos sobre un pequeno valo de 20 cm. de altura. A gañadora na cat. A foi a participante de Sobrada, con 41 saltos, e na cat. B gañou a participante do CEIP Nº 2, que chegou aos 51.   Podedes probar na vosa casa a ver cantos dades!
A continuación tocaba a proba de lanzamento de balón, simultaneada con salto horizontal.   A primeira proba consiste en lanzar un balón de 2 Kg de peso cos dous brazos por riba da cabeza cara atrás. O máis forte foi o representante de Guillarei, que lanzou  7,60 m. na cat A, e o atleta de Rebordans na B, que lanzou 10,05 m.
Paralelamente, a proba de salto horizontal, que consiste en saltar cos pes xuntos dende parado a maior distancia posible, coa condición de clavar na caída, deu como gañadores aos representantes de Sobrada, con 1,52,  e Rebordans, con 2,02.
A proba que seguiu foi a de lanzamento de xavelina. Os atletas tiñan que lanzar dende a posición de estático unha xavelina de foam o máis lonxe posible na lonxitude da pista. Houbo moi bos lanzamentos, e os gañadores foron os dous representantes do CEP Pedro Caselles, cunha marca de 19,70 na categoría A (impresionante!) e 19,50 m na B. Este último lanzador, curiosamente, alcanzou no seu intento a un dos xuíces,  acción moi aplaudida polo público (menos mal que as xavelinas son de escuma!).
Rematadas as probas individuais, deron comezo as colectivas, nas que a totalidade do equipo tiña que realizar unha carreira de relevos.
A primeira delas era a proba de 5 x 2, na que establecendo un circuito delimitado por dous conos, os atletas saían dunha colchoneta e percorrían este circuito dúas veces para entregar o testigo ao seguinte participante. Estas probas son as máis emocionantes da competición, e deron como gañador ao colexio Nº 1 de Tui na cat. A e ao  Nº 2 de Tui na B.
A última proba, relevos con obstáculos, os equipos tiñan que percorrer o mesmo circuito, pero con obstáculos intercalados. Cada atleta soamente tiña que dar unha volta. Aquí  volveu a gañar o CEIP Nº 1 na cat. A e o gañador da cat B foi o Caselles.
Con esta proba rematou o programa de atletismo en pavillón, pero simultáneamente estaba a celebrarse no patio do CEIP Nº 2 unha proba ciclista que constaba de dúas partes:  proba de velocidade nun circuito, e proba de habilidade, facendo pasar a bicicleta por unha serie de obstáculos que penalizaban en caso de fallar. Cada colexio levaba unha parella de ciclistas, e os resultados finais deron como gañadores os colexios  Nº 2 de Tui na categoría A e Barrantes na B.
A partires das 11:45 deu comezo a competición de natación na piscina do ximnasio DISOM. Había que realizar catro probas diferentes:  25 m costas, 25 m braza, 25 m. crol e 4x25 estilo libre.  Na proba de costas, os gañadores foron os representantes do Nº 2 nas dúas categorías, en braza, gañaron  Guillarei e Caselles respectivamente, en crol os gañadores foron Randufe e Nº 2, e na proba de equipo, gañaron tamén Randufe e Nº  2.  Os colexios gañadores no cómputo global de natación foron Randufe na cat A e Caselles na B.

A continuación podedes descargar as actas cos resultados finais detallados:


 Xornada de atletismo en pista, natación e ciclismo celebrada en Tui o 3 de abril de 2009

Colexios participantes: 
CEIP de Barrantes, CEIP de Sobrada, CEP Pedro Caselles, CEIP de Randufe, CEIP de Rebordans, CEIP de Guillarei, CEIP N1 e CEIP N2.

Actas de resultados:

Acta Atletismo pavillón categoría A (segundo ciclo de Primaria)
Acta Atletismo en pavillón categoría B (terceiro ciclo de Primaria)
Acta proba de ciclismo A (segundo ciclo de Primaria)
Acta proba de ciclismo B (terceiro ciclo de Primaria)
Acta proba de natación A (segundo ciclo de Primaria)
Acta proba de natación B (terceiro ciclo de Primaria)


Explicación das probas:

Atletismo en pavillón         Habilidades ciclistas        Natación

Modelo de folla de inscrición:

Inscrición


Calendario por zonas competición multideportiva e cultural:

 zona 1: Tomiño Calendario de competición.
 zona 2: Tui, O Porriño, Mos 
 zona 3: A Cañiza, Arbo, As Neves e Crecente

Preguntas da proba cultural:

 Terceiro curso de Primaria Cuarto curso de Primaria

 Quinto curso de Primaria

Sexto curso de Primaria

 Primeiro curso de Ensino Secundario Obligatorio Segundo curso de Ensino Secundario Obligatorio Terceiro e Cuarto curso de Ensino Secundario Obligatorio

Modelos de actas para competicións e outros documentos:

 Fútbol-sala

 Baloncesto A
Baloncesto B

 Balonmán

 Bádminton

 Proba cultural

 Voleibol

                                      

 Acta final de xornada     

    
 Regulamento da competición (2,90 Mb) 

 

Xornada de atletismo en pavillón e natación en O Porriño (17 de abril de 2009)

Acta atletismo A    Acta atletismo B

Nesta xornada participaron un total de 13 centros dos concellos de Mos, O Porriño, Ponteareas, Mondariz, Arbo, As Neves, e A Cañiza.

As probas de atletismo celebráronse no pavillón municipal de deportes do concello porriñés,  en tanto que as de natación foron na súa piscina municipal.

Video de You Tube

Campionato Provincial de campo a través en Chandebrito- Nigrán

Normas Xerais da competición

NORMAS XERAIS 

  • Fase Provincial

             A Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte, coa colaboración do Excmo. Concello de Nigrán, Federación Galega de Atletismo, Agrupación Deportiva Val Miñor e Coca Cola, organizan ao Campionato Provincial de Campo a Través nas categorías BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE, (feminino e masculino).

 Día 10 de febreiro de 2008

Hora de inicio: 10:30 h

Lugar: Campo de fútbol de Chandebrito, Nigrán (Pontevedra) Xunto ao Colexio Estudio

 Participación

Participarán os mellores equipos clasificados en cada zona, por categoría e sexo, e os individuais que non formen parte dos equipos clasificados.

 Documentación

Folla acreditativa de ter feita a Inscrición na páxina web deporteescolargalego.org

Dorsais e cambios

Os cambios e recollida de dorsais efectuaránse na Secretaría situada no recinto, dende as 9:30 ás 10:00 horas

 Comisión de Control

Examinará a documentación individual e colectiva dos participantes. Estará formada por un membro da Agrupación deportiva da zona, un membro da Federación Galega de Atletismo e un funcionario de deportes da Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte.

 Comité de Competición

Resolverá as reclamacións que por escrito puidesen presentarse en orde ao desenvolvemento da competición conforme ao Regulamento da RFEA, e as presentes normas. As decisións serán inapelables, constituiranse polo Xuiz Árbitro do Campionato, un representante do Deporte Escolar e un funcionario de deportes da Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte.

 Clasificacións

 Establécense dúas clasificacións:

EQUIPOS: Sumando os puntos obtidos polos catro corredores mellor clasificados do mesmo equipo, resultando vencedor o equipo que menor resultado de puntos obteña.

Se se produce empate, entre dous ou máis equipos, concederáse mellor clasificación a aquel no que o derradeiro corredor puntuado obtivese mellor posto.

  INDIVIDUAL: Seguindo a orde de entrada na meta.

Para as categorías Infantil e Cadete, clasificaránse para o Campionato Galego os dous mellores equipos e os/as seis primeiros atletas segundo a orde de chegada a meta, por categoría e sexo

  

HORA DA PROBA

CATEGORÍA

DISTANCIA

ANO DE NACEMENTO

10:30 h

BENXAMÍN FEMININO

700 m

1998-1999

 

10:40 h

BENXAMÍN MASCULINO

700 m

10:50 h

ALEVÍN FEMININO

1300 m

1996-1997

 

11:10 h

ALEVÍN MASCULINO

1800 m

11:30 h

INFANTIL FEMININO

1800 m

1994-1995

 

11:50 h

INFANTIL MASCULINO

2300 m

12:15 h

CADETE FEMININO

3000 m

1992-1993

12:40 h

CADETE MASCULINO

4500 m

 

Campionato provincial de campo a través en Chandebrito - Nigrán

O domingo 10 de febreiro celebrouse no lugar de Chandebrito,  en Nigrán,  a proba provincial de campo a través.
Cun sol propio da primavera todas as persoas que se achegaron ata alí poideron ver como se disputaban as carreiras nun circuito con continuos desniveis que esixiu moito dos atletas.
Fantástica xornada na que tamén os nosos representantes do Baixo Miño destacaron nas distintas carreiras.
Xa temos as clasificacións das distintas categorías.
Tamén podedes ver a galería de fotos (admitimos aportacións) .
Máis información en Novas

Campo a través de Salvaterra

Proba zonal de Campo a través realizada o 19 de xaneiro de 2008 no parque de A Canuda, en Salvaterra de Miño.

Horario da xornada:

 Apertura da Secretaría para entrega de documentación

 9:30
 Fin do prazo para modificar inscricións (agás retraso nos transportes) 10:15
 Carreira de Benxamin Feminino 10:30
 Carreira de Benxamín Masculino 10:45
 Carreira de Alevín Feminino 11:00
 Carreira de Alevín Masculino 11:15
 Carreira de Infantil Feminino 11:35
 Carreira de Infantil Masculino 11:55
 Carreira de Cadete Feminino 12:15
 Carreira de Cadete Masculino 12:40
 Fin das carreiras 13:00
 Entrega de trofeos,  medallas e agasallos 13:15
 Remate da xornada 13:45

Inscrición:

Existen dous modelos distintos para inscribirse:  un documento de word e un libro de Excel. A elección é vosa, podedes utilizar indistintamente un ou outro.

Se empregades o primeiro, lembrade que teredes que enviar unha folla por equipo. Agradecemos que o nome desa inscrición sexa identificativo do voso colexio (se todos enviamos documentos co nome "inscrición" ou similar, podedes imaxinar o lío que nos armamos aquí para ordenar as cousas).

Se optades por utilizar o segundo, nun so documento inscribiredes a tódolos vosos equipos, un por páxina.

En todo caso, lembrade que o último día para inscribirse é o MÉRCORES, 16 DE XANEIRO. O noso correo electrónico para recibir a inscrición:  agrudebam@gmail.com

Percorridos:

Nestes dous arquivos adxuntos podes descargar o mapa do parque onde se celebrará a competición,  que vos pode servir para ir coñecendo o lugar. Os arquivos son un pouco grandes, así que paciencia...
Plano 1       Plano 2

Nesta imaxe poderás ver os diferentes tramos que deseñamos no circuito:
Tramos.

Aquí poderá ver os distintos percorridos. Hai unha imaxe fixa e unha animación para entender mellor cada carreira.

 Benxamín Feminino

 Benxamín Masculino

 Alevín Feminino

 
Imaxe     Animación

 
Imaxe    Animación

 
Imaxe     Animación

 Alevín Masculino

 Infantil Feminino

 Infantil Masculino

 
Imaxe   Animación

 
Imaxe   Animación

 
Imaxe   Animación

 Cadete Feminino

 Cadete Masculino

 

 
Imaxe   Animación

 
Imaxe   Animación

Neste deseño se descontou unha volta, que fora erróneamente establecida.