Aquí poderás descargar arquivos de interese para a competición deportiva en idade escolar. Os arquivos pdf precisan dun programa específico. Se non o tes instalado, descárgao aquí:  Adobe Reader

Xornada de atletismo en pavillón e natación en O Porriño (17 de abril de 2009)

Acta atletismo A    Acta atletismo B

Nesta xornada participaron un total de 13 centros dos concellos de Mos, O Porriño, Ponteareas, Mondariz, Arbo, As Neves, e A Cañiza.

As probas de atletismo celebráronse no pavillón municipal de deportes do concello porriñés,  en tanto que as de natación foron na súa piscina municipal.

Video de You Tube

Xornada de atletismo en pavillón, natación e ciclismo en Tui (3 de abril de 2009)

O venres 3 de abril celebrouse a primeira xornada deste curso entre os colexios de Barrantes, Sobrada, Caselles (Tomiño) Rebordans, Randufe, Guillarei, Nº 1 e Nº 2 (Tui). O pavillón I de Tui estivo ateigado de público (Bravo polos colexios Nº 1 e Nº 2!).

Tal como estaba contemplado no organigrama, a primeira proba que se celebrou foi a carreira de 10 x 10, na que os participantes tiñan que percorrer 10 veces unha distancia de 10 metros entre dous conos. Nesta proba é máis importante a velocidade de xiro que a velocidade punta (non é preciso ser un Ferrari para gañar). O colexio de Sobrada na cat. A foi quen gañou, e na cat B, o Pedro Caselles.

Seguidamente viu a proba de saltos laterais: en vinte segundos hai que realizar o maior número de saltos laterais cos pes xuntos sobre un pequeno valo de 20 cm. de altura. A gañadora na cat. A foi a participante de Sobrada, con 41 saltos, e na cat. B gañou a participante do CEIP Nº 2, que chegou aos 51.   Podedes probar na vosa casa a ver cantos dades!
A continuación tocaba a proba de lanzamento de balón, simultaneada con salto horizontal.   A primeira proba consiste en lanzar un balón de 2 Kg de peso cos dous brazos por riba da cabeza cara atrás. O máis forte foi o representante de Guillarei, que lanzou  7,60 m. na cat A, e o atleta de Rebordans na B, que lanzou 10,05 m.
Paralelamente, a proba de salto horizontal, que consiste en saltar cos pes xuntos dende parado a maior distancia posible, coa condición de clavar na caída, deu como gañadores aos representantes de Sobrada, con 1,52,  e Rebordans, con 2,02.
A proba que seguiu foi a de lanzamento de xavelina. Os atletas tiñan que lanzar dende a posición de estático unha xavelina de foam o máis lonxe posible na lonxitude da pista. Houbo moi bos lanzamentos, e os gañadores foron os dous representantes do CEP Pedro Caselles, cunha marca de 19,70 na categoría A (impresionante!) e 19,50 m na B. Este último lanzador, curiosamente, alcanzou no seu intento a un dos xuíces,  acción moi aplaudida polo público (menos mal que as xavelinas son de escuma!).
Rematadas as probas individuais, deron comezo as colectivas, nas que a totalidade do equipo tiña que realizar unha carreira de relevos.
A primeira delas era a proba de 5 x 2, na que establecendo un circuito delimitado por dous conos, os atletas saían dunha colchoneta e percorrían este circuito dúas veces para entregar o testigo ao seguinte participante. Estas probas son as máis emocionantes da competición, e deron como gañador ao colexio Nº 1 de Tui na cat. A e ao  Nº 2 de Tui na B.
A última proba, relevos con obstáculos, os equipos tiñan que percorrer o mesmo circuito, pero con obstáculos intercalados. Cada atleta soamente tiña que dar unha volta. Aquí  volveu a gañar o CEIP Nº 1 na cat. A e o gañador da cat B foi o Caselles.
Con esta proba rematou o programa de atletismo en pavillón, pero simultáneamente estaba a celebrarse no patio do CEIP Nº 2 unha proba ciclista que constaba de dúas partes:  proba de velocidade nun circuito, e proba de habilidade, facendo pasar a bicicleta por unha serie de obstáculos que penalizaban en caso de fallar. Cada colexio levaba unha parella de ciclistas, e os resultados finais deron como gañadores os colexios  Nº 2 de Tui na categoría A e Barrantes na B.
A partires das 11:45 deu comezo a competición de natación na piscina do ximnasio DISOM. Había que realizar catro probas diferentes:  25 m costas, 25 m braza, 25 m. crol e 4x25 estilo libre.  Na proba de costas, os gañadores foron os representantes do Nº 2 nas dúas categorías, en braza, gañaron  Guillarei e Caselles respectivamente, en crol os gañadores foron Randufe e Nº 2, e na proba de equipo, gañaron tamén Randufe e Nº  2.  Os colexios gañadores no cómputo global de natación foron Randufe na cat A e Caselles na B.

A continuación podedes descargar as actas cos resultados finais detallados:


 Xornada de atletismo en pista, natación e ciclismo celebrada en Tui o 3 de abril de 2009

Colexios participantes: 
CEIP de Barrantes, CEIP de Sobrada, CEP Pedro Caselles, CEIP de Randufe, CEIP de Rebordans, CEIP de Guillarei, CEIP N1 e CEIP N2.

Actas de resultados:

Acta Atletismo pavillón categoría A (segundo ciclo de Primaria)
Acta Atletismo en pavillón categoría B (terceiro ciclo de Primaria)
Acta proba de ciclismo A (segundo ciclo de Primaria)
Acta proba de ciclismo B (terceiro ciclo de Primaria)
Acta proba de natación A (segundo ciclo de Primaria)
Acta proba de natación B (terceiro ciclo de Primaria)


Explicación das probas:

Atletismo en pavillón         Habilidades ciclistas        Natación

Modelo de folla de inscrición:

Inscrición


Calendario por zonas competición multideportiva e cultural:

 zona 1: Tomiño Calendario de competición.
 zona 2: Tui, O Porriño, Mos 
 zona 3: A Cañiza, Arbo, As Neves e Crecente

Preguntas da proba cultural:

 Terceiro curso de Primaria Cuarto curso de Primaria

 Quinto curso de Primaria

Sexto curso de Primaria

 Primeiro curso de Ensino Secundario Obligatorio Segundo curso de Ensino Secundario Obligatorio Terceiro e Cuarto curso de Ensino Secundario Obligatorio

Modelos de actas para competicións e outros documentos:

 Fútbol-sala

 Baloncesto A
Baloncesto B

 Balonmán

 Bádminton

 Proba cultural

 Voleibol

                                      

 Acta final de xornada     

    
 Regulamento da competición (2,90 Mb)