Duatlon Provincial de Pontevedra
O día 23 de abril celebrouse en Pontevedra, no recinto do campus universitario de A Xunqueira, a proba provincial de Duatlon Escolar, na que os atletas da nosa zona destacaron nas distintas categorías.
Podes descargar aquí os resultados oficiais
Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta

O sábado, 13 de marzo celebrouse en A Coruña, o Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta para as categorías Alevín e Infantil. Da nosa zona temos que destacar os excelentes resultados obtidos, entre outros, por Damián Martínez do Suárez Marquier, 5º en 50 Metros lisos Alevín, Héctor Alvarez, de Atl. Porriño, segundo en 500 m lisos Infantil, Abril Fernández Uris, terceira en lanzamento de peso Alevín, Javier Costas, cuarto en 1000 metros lisos Infantil, Iván Carnero de S. Marquier, campión na mesma proba Alevín, Erea Pereiro, de Atl Porriño, quinta en lonxitude Infantil, Damián Martínez, de S.M., quinto en lonxitude Alevín, ou Iria Rodríguez Huertas, de At Por., campiona (xa nos ten moi acostumados) en 500 m. lisos Alevín.
Noraboa a estes e a tódolos demáis participantes que representaron o atletismo do Baixo Miño!
Descargade aquí os resultados oficiais
Podedes ver unha galería de imaxes colgada pola Federación Galega de Atletismo
III Duatlon Escolar de O Porriño

Un total de 118 atletas acudiron á terceira edición do Duatlon Escolar organizado polo Club Atletismo Porriño, proba que se celebrou o mesmo día que o Campionato Galego de Campo a Través, o que significou para varios atletas duplicar participación no mesmo día.
Esta competición está consolidándose no calendario de actividades deportivas escolares na nosa zona, grazas aos esforzos do club e á aceptación dos nosos alumnos e alumnas. Noraboa, campións.