Xornada de atletismo/natación/ciclismo en Tui
O 26 de marzo de 2010 celebrouse en Tui a xornada de atletismo en pavillón, natación e ciclismo prevista na nosa zona.
Participaron un total de 9 colexios de Tui e Tomiño: CEIP Nº 2, CEIP Nº 1, CEIP de Randufe, CEIP de Pazos, CEIP de Rebordans, CEIP de Guillarei, CEIP de Sobrada, CEP Pedro Caselles e CEIP de Barrantes.
As instalacións utilizadas foron o pavillón vello, a piscina de DISOM, e o patio do CEIP Nº 2 para a proba das bicicletas, proba esta que se reaizou a medias, polas inclemencias do tempo, cunha choiva incesante e abundante.
Foi unha xornada chea de competición, de ánimos, alegría, convivencia, e sobre todo, disfrute co deporte. Seguro que de entre todos estes nenos e nenas sairán futuros campions deportivos.
Pero mellor que palabras, son as imaxes, disfrutade co video:
Dinamización Intercentros en Horario Lectivo

Xornada Barrantes - Caselles
O día 11 de marzo celebrouse a xornada entre os colexios de Barrantes e Pedro Caselles. O resultado dos diferentes encontros de baloncesto, balonman, bádminton, xadrez ou fútbol-sala foi máis favorable ao CEIP de Barrantes, que gañaron na maioría das modalidades.
Pero a emoción no xogo non faltou, nin os momentos de diversión, como podedes apreciar nas fotos.
Xogáronse xa as primeiras xornadas de dinamización intercentros en horario lectivo.
O día 28 de xaneiro enfrontáronse Salceda e Nº 2, en Tui (foto de arriba). O venres 5 de febreiro xogaron Sobrada contra Caselles, en Barrantes, e o martes 9, o Caselles visitou Randufe.
Temos aquí algunhas fotos, podedes ver máis no album web de Picasa.



